O
30 de abril de 1932 o gobernador civil da provincia envía un telegrama aos
alcalde, ao de Bueu tamén, polo que lle pon en coñecemento que non se autoricen
manifestacións nin mitins ao aire libre coa escusa de evitar enfrontamentos
entre as distintas organizacións obreira.
O
telegrama do gobernador:
“En previsión desordenes públicos os encontros entre elementos obreiros
distintas tendencias particípolle no debe autorizar manifestacións ni mitins ao
aire libre o 1º de maio podéndose autorizar outros actos proxectándose en locais
pechados, excursións ou xiras ao campo adoptando, caso necesario, as debidas
medidas de precaución e dándome conta oportunamente,
Gobernador Civil”
O
alcalde respondeu co seguinte Decreto:
“Recibido o precedente telegrama do Goberno Civil da provincia,
notifíquese do seu contido aos presidentes das Sociedades obreiras deste termo,
para que se absteñan de saír no día de mañá con motivo da festa do Traballo, 1º
de Maio, en manifestación pola vía pública, autorizándose en cambio reunións en
locais pechados e excursións ou xiras ao campo dentro da maior orde e
compostura. A infracción que se observe será enerxicamente reprimida.
Bueu 30 de
abril de 1932”
Asinado : Jesus
Prieto
Este
Decreto foi notificado nas distintas Sociedades polo garda municipal Manuel
Palmeiro:
Na Sociedade de Agricultores a Francisco
Pérez
Na Sociedade de Oficios Varios, ao seu
secretario, Manuel Loira
Na Sociedade de Mariñeiros, ao seu secretario,
Manuel Agulla
Na Sociedade de Canteiros, ao seu
presidente, José de la Torre
Ningún comentario:
Publicar un comentario