A
causa das xeneralizadas denuncias pola falta de peso no pan o concello de Bueu decide
tomar partido e insta ao alcalde a que o resolva.
O
alcalde, José Rodríguez, ese mesmo día saca unha Providencia propoñéndolles aos
panadeiros adquiran un selo para poñer no pan o peso en gramos:
Providencia
Visto o acordado polo Concello Sesión
de hoxe, convóquese a esta Consistorial para as catro da tarde á os panadeiros
deste Municipio e fágaselles entender que adquiran un selo para gravar no pan
que elavoreney nel que consignen os gramos que pesa cada peza. Así o acordou o
Sr. Alcalde Don José Rodríguez Estévez na Consistorial de Bueu á trinta de xunio
de mil novecientos dous do que eu Secretºcertifico
José Rodríguez
A
continuación o Secretario convoca aos panadeiros de Bueu para informarlles da
Providencia tralo cal asinou a seguinte Notificación:
Notificación
Na Consistorial de Bueu á trinta
de xunio de mil novecentos dous, eu o infrascripto Secretario tendo ante min aos
Srs Don Lorenzo Barreiro Dobarro, José Fernández sen segundo e Manuel Romero sen
segundo veciños os tres desta vila panadeiros con fornos de cocer pan; línlles
integramente a providencia anterior; quedaron enterados e en prouba dilo asinan..."
Cabe pensar que algún efecto tivo esta medida, polo menos nun primeiro momento, xa que en realidade non hai ningunha constancia documentada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario