Vou aproveitar a resposta a unha enquisa solicitada polo Director Xeral de Arquitectura del Madrid á alcaldía bueuense para coñecer moitas das situacións polas que pasaban os obreiros da construción, na posguerra (1941), no concello de Bueu.
Aínda que as respostas
son xenéricas e a veces non se axustan correctamente ás preguntas dan un
panorama de gran precariedade neste sector no que “non hai paro obreiro”. Como sería noutros sectores?
1.
Censo de obreiros da construción o
1º de xaneiro de 1941. Arredor
de 310.
2.
Porcentaxe do paro obreiro. Non existe nesta rama de traballo.
3.
Rendemento comparativo do obreiro en
1920, 1930 e 1940. Igual.
4.
Xornais de Oficial, Axudante e Peón.
13, 11 e 9 pesetas.
5.
Xornal necesario para cubrir as
necesidades mínimas de cada categoría de obreiro. 25,
20 e 15 pts. respectivamente.
6.
Condicións da vivenda obreira. Do total delas, un 2% corresponde a casas
tugurios, equivalente ao 3% respecto ás casas modestas.
7.
Renda media da vivenda para o propietario e
límites de aluguer para o obreiro. Como renda
poderá obterse o 4% e o aluguer oscila entre 15 e 50 pts. mensuais. obreiro en vestiario
8.
Gasto mensual do obreiro en vestiario
e calzado. 50 pts.
para o máis imprescindible.
9.
Gasto mensual do obreiro en
alimentación. 200 pts.
10.
Outros gastos. 40 pts. mensuais.
11.
Gasto total mensual resultante e se
hai diferencia entre ingresos incluíndo subsidio. Son
compensados comendo e vestindo mal.
12.
Promedio, tomando como tipo o obreiro
casado e con 3 fillos menores. Gasto
mínimo mensual: alimentación 400 pts; vestido e calzado 50; vivenda 25; outros
gastos 25.
Bueu 31 – 3
- 1941
Ningún comentario:
Publicar un comentario