Dende hai moitos anos o segredo da igrexa nova da illa de Ons
non é segredo, cando menos para un reducido grupo de persoas. Parte do mesmo
apareceu publicado nunha páxina de Facebook
pero non tivo a repercusión que penso que debería ter.
Unha visita ás illas fai poucos días rachou o silencio que ao
longo dos anos impuña a ‘modestia’ do protagonista deste segredo e da igrexa
nova: A autoría do poema que pode lerse no fronte da capela.
Sen mencionar o nome
do autor, voulles comentar algunha cousa arredor do poema e de como este chegou
alí.
 |
| Autor ante a obra |
A mediado dos anos sesenta do século pasado, cando a igrexa e
o poboado de Curro en Ons eran algo máis que proxecto do Instituto de
Colonización, propuxéronlle ao profesorado de Bueu que fixeran un especie de
concurso de poesía sobre a illa de Ons. Os rapaces, sen saber a finalidade do
mesmo, levaron o labor coma tarefa para casa sendo a entrega do mesma voluntaria.
O noso protagonista escribiu un pequeno poema pero logo decidiu non entregalo
pois, por ser moi esixente consigo mesmo, non lle parecía de calidade. Mais a
casualidade fixo que llo ensinara a un amigo a quen lle gustou tanto que o
estivo animando durante un tempo para que o entregara, como así o fixo ao
mestre Manuel Omil. Nos días seguintes á entrega os rapaces estaban á espera
dalgún tipo de recoñecemento ou premio pero pasou o tempo e nunca máis volveuse
a falar dos poemas e pronto todos esquecéronse dos mesmos.
Bastantes anos despois, e co motivo dunha visita de lecer á
illa de Ons, o noso protagonista quedou pasmado ante algo que fixera na súa
adolescencia e que estaba impreso en cerámica e, para maior ‘vergoña’, exposto ás miradas de todos.
Unha mestura de sensacións encontradas o perseguiu durante moito tempo. Era o
mesmo poema cunha soa palabra cambiada: onde el escribira ‘isliña’ agora era
‘illiña’. Decidiu non contarllo a ninguén que non foran da súa familia ou
amigos moi achegados. Foi un segredo que ao longo dos anos todos gardamos por
expreso desexo do autor. Aínda que pareza paradoxo eu sigo a respectar os
desexos do amigo pero tamén creo que é relevante que se saiba quen escribiu algo
que miles de persoas leron dende hai algo máis de cincuenta anos.
San
Xaquinciño da Illa Esta
illiña gallega
dainos un
ventiño en popa defensa da nosa Ría
pra chegar o
a noso porto e devota a San Xaquín
que temos a
vela rota o pai da Virxen
María.
De ‘... o Morrazo’ nunha entrada do 9
de maio do 2013.