Cabo Udra:

Punta Aguda:
Cristóbal Colón, o 14 de decembro de 1492, na súa primeira viaxe a América, ao chegar a un saínte da Illa Tartaruga lle puxo o nome de Punta Aguda coma a que hai na parroquia de Beluso (É a punta que polo leste resgarda á praia de Tuia).
Punta Pedra Branca:
Cristóbal Colón na súa terceira viaxe a América, e nunha punta ao leste da Illa de Trinidade ao chegar a un saínte da illa americana de Tartaruga lle puxo o nome de Pena Branca como a que hai preto da Roiba-Beluso.
Tal coma dí o “Derrotero de las Costas de España y Portugal” (páx. 371): “Dos cables más más al E. de la punta de Cabalo, está la llamada RUBIA ó de PIEDRAS-BLANCAS. Viene a ser un conjunto de piedras blanquecinas que aparecen aisladas y separadas del continente 20 brazas (33,4 m ). A la más salienta nombran PANADEIRA.
…El trozo de costa comprendido entre las puntas Aguda y Piedras-blancas es alto y escarpado, y sólo una pequeña playa se descubre á bajamar…”
Nota: O paralelismo dos dous últimos topónimos mencionados con Bueu son discutidos por uns e defendidos por outros tal como pode lerse tamén, entre outras, nas páxinas 196 e 201 do libro “Galicia, patria de Colón: obra patrocinada por el Comite pro-Colón español de la Habana (Cuba)” escrito por Enrique Zás no 1923.
Ningún comentario:
Publicar un comentario