01/10/12

Nomeárono alcalde de Bueu dúas veces...

O alcalde Camilo Davila Davila foi nomeado polo poder central coma recambio de alcalde en dúas lexislaturas cruciais:

  1925-30  substituíu a  Luis Jesús Prieto García:

Na Dictadura de Primo de Rivera (1925-1930) un dos cambios que houbo foi a de destituír a aqueles representantes non afíns ao goberno e isto veuse reflectido en Bueu tal como podemos ver en El Sol (30/11/1925 na páx. 6), “O delegado gubernativo destituiu ao Concello (de Bueu) e nomeu outro no seu lugar, presidido por D. Camilo Davila”.

  1936-37  substituíu a  José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira):

O día 22 de xullo de 1936 o alcalde José Gómez de la Cueva é conminado pola Subdelegación de Mariña de Bueu a cesar. Nun primeiro momento o propio subdelegado, Gonzalo Torrente, asume o cargo ata que o 23 de setembro é posto Camilo Davila Davila.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ese subdelegado é Torrente Ballester? Hai algo sobre a súa relación con Carballeira?

e © de Arturo Sánchez Cidrás (Un de Loira) dixo...

O subdelegado citado era o pai de Torrente Ballester.
Carballeira e Torrente eran moi amigos. Tanto era así que na mañá cedo en que se casou Torrente Ballester con Josefa Malvido estaba como testemuña da voda Carballeira.
Arturo