18/07/12

Bueu na lingua... na pedra...

… na lingua

… O idioma Quiché pertence á familia das linguas maienses. Na actualidade é a segunda lingua de Guatemala, despois do español,  e ten máis dun millón de quiché falantes aos que hai que engadir os máis de medio millar do sureste de México onde tamén ten unha reducida presenza…
Pois nesa lingua k'iche' (como eles din) coñecen B u e  U
E tal como recolle Domingo de Basseta do Instituto de Investigacións Filolóxicas (Centro de Estudos Maias) da Universidade Nacional Autónoma de México:
B u e  U. luEu:  drobrar ; e luEu é, propie, “arquear un pau”; bueuche: pau arqueado”; e de aí sae bueuquih: armar ou arquear paus para coller veados”.


… na pedra
A primeiros de outubro do 2010 aparareceu no Faro de Vigo a noticia na que o buenense Benito Vilas daba conta, tamén gráfica, dun petróglifo da localidade sueca de Norrköping. El mesmo o describe: "Parei nesta cidade para ver os seus  petróglifos e, para a miña sorpresa, nunha das laxes, que recibía o nome de Himmelstalund, atopeime coa figuración esquemática onde é posible ler claramente Bueu". Sacou a fotografía que pode verse aquí para "poder mostrar como nesa época xa quedaba o nome de Bueu escrito para a posterioridade nunha rocha".

A partires de aquí pódese conxecturar se o dito ten algo que ver con que o bueuense Jorge Santos puidera estudar e logo publicar sobre a civilización Maia… Se o aportado por Benito Vilas da pé a teorías sobre  “os viquingos… e a toponimia…” .
Eu só o fago constar…“…tu wolol puk’sik’al
(“…con  toda cordialidade”  en maia yucateco, segundo o experto Jorge Santos)


1 comentario:

Anónimo dixo...

Non sei si ven a conto aquí, pero creo que habería que rescatar palabras propias de Bueu, localismos, que en moitos casos van desaparecer.Recordo un diccionario que había en casa do meu avó, que citaba dúas palabras como propias de Bueu, unha era Carriola: " En Bueu, localismo, femia do grillo" e outra era Cimbalé, ou simbalé, a vara na que se levaba o caixón do peixe entre dous homes. A ver se podedes investigalo. Saúdos

Pedro