As Visitas
Pastorais son aquelas que fan polas parroquias da súa diocese o bispo,
arcebispo ou
cardeal, para comprobar o estado económico, cumprimento das
obrigas das misas, examinar libros, etc. e aproveitar para a confirmación dos
fregueses que o precisen.
Con data de dous de xullo de 1875 queda constancia, no Libro VIII de Bautismos
(ff 44v e 45 r), o rexistro da visita pastoral do arcebispo de Santiago de
Compostela D. Miguel Payá y Rico. Ata aquí todo quedaría nunha visita coma
calquera outra de non ser que nesa do 1875 non está o cura párroco de Bueu, D.
Joaquín González; pois o prelado suspendeuno do ministerio parroquial e
sacerdotal con data do día anterior e nomeou “Rexente no seu lugar ao Presbítero D. Francisco Cerviño que foi quen
asistiu a todos os actos. Tamén creu conveniente S. E. Illma nomear coadxutor
da expresada parroquia de Bueu ao Pbro. D. Manuel Martínez Sueiro, deixando vacante por imposibilidade a D. José Gómez: a uns e outros señores mandou S. E.
Illma cumpriran os mandatos que lles deu de palabra e por escrito baixo a máis
estreita responsabilidade”.
En ningunha
parte do libro pon as causas de tan drástica medida como é a suspensión do ministerio
parroquial e sacerdotal do cura de Bueu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario