Na lotería de Nadal do ano 1918 deixou un premio 5.000 pesetas en Beluso. O número agraciado con 25.000 pesetas foi o 8.791. Vendido na Administración de Loterías da rúa madrileña de Preciados.
Dous destes
décimos lévaos abonado o Sr. Rogelio Val
Barros, médico de Beluso. Tamén un décimo dese número o tiña abonado un de
Cangas.
A noticia
aparece na páx. 3 en El Día (“Diario de la noche”). Pero aínda máis relevante é
o tratamento que lle da aos premios (un 50 % do xornal) mesturando a
información coa política. Así vemos que comeza logo dos titulares: “Díxose moitas veces que España é unha nación
ingobernable. Non o creades. Ese é un tópico que inventaron os políticos,
esporeados pola mesquiña condición humana de achacar cada cal aos demais a
culpa dos seus propios desacertos. España é o pobo máis dócil, máis condutible
da terra. O que ocorre é que non se sabe conducir…” e así segue con frases máis ou menos
patrioteiras poñendo a “caldo” ata o que considera “lotería para ricos”. Cando fala de cando saíu o Segundo Premio
faino nos seguintes termos: “O número
53.084 foi agraciado con tres millóns que apenas saído do bombo declarouse
autonomista, integral, sinalagmático e até bilateral e fóillenos a
Barcelona. - Non hai dereito! Isto é
para contentar a Cambó!- óuvese dicir no público”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario