A mediados do ano 1819 nunha España na que o Absolutismo de Fernando
VII volvera a tomar as rendas (1814-1819) do país, os mariñeiros da nosa
comarca víanse supeditados polas condicións que estaban a impoñer os donos das
fábricas de salga, á súa vez armadores da maior parte das embarcación de pesca.
Ante esta tesitura algúns destes mariñeiros matriculados, veciños de Bueu, deciden
xuntarse para formar compañía de pesca.
Tal é o caso de José Piñeiro, Francisco de los
Santos, Bartolomé de la Rúa, Benito de la Rúa, Francisco Agulla de Ranmorta e outros que forman “contrata
de asociación para a pesca”,
cunha serie de cláusulas ás que se comprometen cumprir.
Os motivos que aducen para chegar a facer esta contrata son: 'co xornal que lles daban os armadores non podían vivir e acordaron facerse cos aparellos, embarcacións… para que, como donos recaían en eles todos os beneficios…..' E así o asinan ante o escribán que vivía en Meiro José Benito de Arís.

Ningún comentario:
Publicar un comentario