Navidades craras na illa de Ons!
Que a luz
eléctrica non é algo que estea permanentemente presente nas noites da illa de
Ons é algo que todo mundo o sabe. Que as noites sen luz ao longo de meses tamén
o coñecen os insulares de Ons. Que a veces os políticos crearon ilusións que o
tempo ou o “temporal” desbarataron ou simplemente deixaron no esquecemento…
tamén o coñecen.
Unha desas
veces na que por fín na illa comezaban a ver que se facía algo de “luz” e non
meras promesas foi cando o 9 de decembro de 1958 achegáronse ata Ons, para
preparar o transporte dun grupo electróxeno, Pedro Ruibal Sabio Inxeñeiro-xefe
da Delegación de Industria, o Perito Industrial Teodoro Gradín, con dous
oficiais montadores e Diego Pazó, con personal dos seus talleres.
A súa
inauguración ía ser fixada para o “día solemne da Noiteboa” e así lograr
“a altamente social e cristiá iniciativa de electrificar Ons”. Mais “ao
tratar seguidamente do embarque da maquinaria e materiais atopámonos con que,
non só o temporal de auga e mar impedían toda comunicación marítima coa illa,
senón que os dous montadores alí desprazados quedaron nela aillados” e xa
era o día 21 e aínda seguía o porto pechado,
polo que decidiron montalas nun local de Pontevedra “ para que se
poñan en marcha como se estiveran funcionando na illa e sexan bendecidas nun
acto que terá lugar o día 24”.
Características
do grupo electróxeno:
·
Un
motor a gasoil de 40 cabalos
·
Un
alternador de 2º KVA (preto de 30 cabalos)
·
Un
transformador de 3º KVA
·
Un
baño de aceite illante (para elevar a tensión da rede e protexer o alternador)
·
Dous
cadros de mandos (para alternador e rede de distribución)
·
2.500 m. de liñas xerais (fora posta dende setembro)
·
Todo tivo un presuposto de 450.000 ptas.
1 comentario:
Estimado autor: gustaríame saber se dispós dalgunha fórmula para contactar contigo. Atopo moi interesante toda a información que publicas sobre a vila de Bueu, un entorno que precisamente estou estudando dende un punto de vista histórico.
Publicar un comentario