13/08/15

Biblioteca O Progreso de Beluso - 1935


A Sociedade de Agricultores de Beluso solicitou a o Patronato das Misíons Pedagóxicas unha Biblioteca no ano 1935. 
Para que sexa informado polo concellos a Inspección de 1ª Ensinaza solicita un informe á Xunta Local de Educación de Bueu. Esta informa favorablemente “fundándose en que concedéndolle a dita Biblioteca poderá difundir a cultura entre os seus asociados e servirá para levar o mellor termo moitos dos actos culturais que nela se organizan”. 

2 comentarios:

Miguel García García dixo...

Moi interesante esta nova entrada no blog, tanto en canto polo referido por J.R. Álvarez Pérez no seu libro sobre a Sociedade "El Progreso", que amosa como en 1936, antes da ocupación de Bueu o 24 de xullo, os dirixentes da asociación ocultaron os libros que podían manifestar un comportamento "socialista" que comprometese aos membros de "El Progreso", quedando só na Incautación de Bens de 1937 80 libros. ¿Tes algunha información sobre cales foron os libros que lles foron entregados a partir desta concesión? Sería moi interesante para calibrar a difusión ideolóxica e cultural deste importante local no seu tempo. Un abrazo

e © de Arturo Sánchez Cidrás (Un de Loira) dixo...

Que eu lembre non teño constacia dos libros incautados. De todos os xeitos dame un pouco de tempo e buscarei na miña documentación e, de aparecer algo, poño unha entrada cos mesmos ou fágocho chegar.
Un saúdo