01/02/21

Enterro do dono do pazo dos Picos: José Joaquín de Aldao e Sarmiento

 Salvador Avilleira Estévez de Cela, pero domiciliado na Graña, achégase ben cedo, ás sete da mañá do día 7 de maio de 1895, ao xulgado municipal para manifestar que o seu veciño, dono da Casa do Casal, Don José Joaquín de Aldao e Sarmiento[1], falecera ás catro da mañá a consecuencia dunha nefrite,  á idade de 64 anos. E o cemiterio onde ía ser enterrado sería o civil da cidade de Pontevedra de onde era natural.

O finado, fillo de D. Esteban de Aldao e Aymerich e a súa segunda muller, Rita Sarmiento e Salazar tamén era tío avó do polígrafo Víctor Saiz Armesto...

Ata aquí todo sería un deceso normal sen máis relevancia que a dor dos seus achegados e amigos. Pero moitas veces os ‘salvapatrias’ poñen por diante das Liberdades ou da capacidade que temos as persoas de decidir aquilo que nos é propio, os seus credos que aínda que respectables, son os seus.

Sen querer entrar en disquisicións, lean o que do enterro do veciño de Bueu, José Joaquín de Aldao publicou o xornal pontevedrés «La Lealtad Gallega»(8-5-1895 p.3), que se definía como “tradicionalista e órgano do partido carlista da provincia”:
La Lealtad Gallega 8-5-1895 p.3



[1] Para coñecer máis deste personaxe podedes acceder ao libro e anexo, “De los Aldao a los Nuño” que sobre a familia dos Aldao están publicados na miña web ( https://descubrobueu.wixsite.com/bueu/nnunhomiguel ) polo autor Miguel Ángel Nuño Vázquez-Garza, que é tamén descendente de Joaquín Aldao Sarmiento. Dicir que na actualidade ten inéditos outros volumes que amplían a historia familiar.

Ningún comentario: