Ás 9:30 horas do 16 de marzo de 1932 celebrouse, no Salón Paraíso de Bueu, a Homenaxe a Dona Matilde Bares, cunha Función Benéfica a cargo da Compañía de teatro «Agrupación Madrid» con unha Orquestra, representación dun drama e dun xoguete cómico e exhibicións de baile de salón. O día 11 de novembro, día de S. Martiño, patrón de Bueu, descubriuse a placa da fachada principal da súa casa.
Sabemos que en 1933, xa octoxenaria, vivía na planta superior e decidira alugar o baixo da casa para o que puxo un anuncio, como moito curioso, pois alugaba un amplo baixo na rúa Matilde Bares e para informarse había que facelo coa súa propietaria, Matilde Bares.Nese mesmo ano, como remate dos actos de agasallo a Dona Matilde, e coincidindo coa onomástica da profesora (Sta. Matilde é o 14 de abril), acudiron á súa casa o gobernador, autoridades locais e provinciais así como ex-alumnos para entregarlle un álbum asinado por moitos destes. A sinatura do álbum levaba parella a aportación dunha cantidade, a vontade, de cartos.
A 11 de abril de 1935 asina en Cangas ante o notario Hipólito Hermida Ouviña a venda da casa ao médico Luís Pimentel Gil. Ela xa non vive en Bueu, uns dicían que marchara a Vigo, outros para “fóra” (sen aclarar), que estaba nunha residencia (tamén sen achegar ningún dato), etc.
Asilo do Camiño Novo-Santiago 1980 |
O que si podemos aportar agora é que en 1938 levaba un tempo na casa “Asilo das Irmás de anciáns desamparados” do Camiño Novo (actual Avda. Rosalía de Castro) de Santiago de Compostela e que faleceu nese establecemento asistencial ás catro da mañá do día 29 de xuño, a idade de 85 anos.
O seu cadáver recibiu posterior sepultura no Cemiterio Xeral compostelá (actual Parque-cemiterio de Bonaval).
Como bueuesa e muller relevante que foi, descansa preto do Panteón dos Galegos Ilustres. D.E.P.
Cemiterio de Bonavan no 1980 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario