Como moitos sabedes o pasado martes 9 de xuño faleceu en Bos
Aires un “Fillo adoptivo” de Bueu: Fernando de la Rúa Bruno, que tamén fora
presidente da República Arxentina entre 1999 e 2001.
Mais o que tamén quero poñer de relevo é o seu interese
persoal, incrementado pola idade, polo pobo dos seus devanceiros e pola súa
historia o que lle permitiu coñecer mellor as súas raíces.
Isto faime lembrar os poucos minutos que tivemos de conversa
privada durante a súa estancia en Bueu. Foi na beirarrúa de Loureiro, logo da
visita ao Pazo de Santa Cruz. Quería illarse da presión de Fraga para chegar a
tempo ao acto oficial de entrega da Medalla de Ouro de Galicia que tería lugar
no pazo de Raxoi.
Quería estirar o tempo no Bueu do seu avó. Non paraba de
preguntarme cousas para alongar a súa estadía nesta terra e así respirar ese
aire agarimoso que o embargaba. Cando o reclamaban para marchar dicía: Esperen!
Esperen! Mentres me apartaba en dirección contraria á comitiva. Logo, e aínda emocionado,
chamou a un axudante para que lle trouxera algo que, cun abrazo mesturado con
palabras de gabanza e recoñecemento, entregoume. Era a medalla da Presidencia[1].
Despedímonos con promesas incumpridas por ambas partes...
Marchou co corazón chorando e con palabras de
agradecemento a Bueu e as súas xentes. No mesmo discurso da entrega da Medalla
de Ouro de Galicia o recoñeceu publicamente con estas palabras, tal e como pode
comprobarse no vídeo adxunto: “... Hoy he vivido en Bueu una de las jornadas más emocionantes de mi visita
a España pero también de las más emocionantes de mis días, de mi militancia, de
mis viajes. Porque el pueblo de Bueu me brindó una bienvenida que me emocionó
estrujándome el corazón hasta hacerme un nudo en la garganta. Recordé, mejor
dicho, imaginé a mi abuelo viajando con su hermano a los quince años de edad
rumbo a América para fundar allí su porvenir y su familia. De allí provengo yo.
Y reencontrarme con esa tierra ahora próspera, llena de posibilidades igual que
esta Galicia extraordinaria [...] ha sido para mí muy emocionante. Sé que esta
emoción ha sido compartida por todos los miembros de mi delegación. Quiero
decirles por eso mi afecto y mi respeto ...”
[1] Pareceume que quería darlle outra ao Sr. Alcalde.
Cousa que no sei se coas presas chegou a facelo
Ningún comentario:
Publicar un comentario