01/05/12

Paul Preston e Bueu


Na praia de Beluso - 21/11/1995
 - Que Paul Preston é un historiador inglés o sabe moita xente…
- Que Paul Preston é un dos máis importantes hispanistas británicos e que o seu traballo se centra na Historia Contemporánea (sobre todo dende a Segunda República, pasando pola Guerra Civil, ata a Transición Española)… o saben moitos…
- Que Paul Preston naceu no 1946 en Liverpool, no barrio de Anfield onde otópanse os estadios dos clubes de fútbol da cidade (o Liverpool Football Club e o Everton Football Club), que foi profesor de tal e cal universidade, que foi sinalado con tal ou cal distinción… podes velo por internet (Wikipedia, buscadores,…)
-Pero o que non atoparás por ningún outro sitio é o que me "soplou" o escritor e periodista bueuense Salvador Rodríguez:
O historiador Paul Preston veraneou varios anos en Bueu, así o dixo cando, fai tempo, estivo no Club Faro de Vigo. Incluso empeñouse en visitar Bueu (concretamente Loureiro) e confesou que de mociño ata tivera unha noiva alí”...

Ningún comentario: