25/05/12

GABRIEL MIRÓ descendente de Andrés de Ons


O 27 de maio fixo 82 anos que falecía en Madrid, GABRIEL MIRÓ, escritor alacantino da xeración do 14 ou novecentismo.
Escritor de máis de dúas decenas de libros (de estampas, novelas e contos), colaborador dunha ducia de revistas e xornais españois e americanos... Amigo de Azorín... ata Valle Inclán e Pio Baroja lle fan unha homenaxe no 1908... De seguir así estaríamos a apuntar aspectos dun grande da literatura española, pero hai algo máis que me gostaría que tamén coñecérades: O seu bisavó era da Illa de Ons?.
A mediados do s. XIX, tal como recolle de entrevistas a familiares Edmund L. King "...aparece en Murcia don Andrés Ons, procedente, quizais, da illa de Ons, nome xeográfico que se convirte en apelido familiar. Deu este nome dicindo que viña de Galicia e asentouse na cercana cidade de Orihuela…".
Pequena árbore xenealóxica de Gabriel Miró:

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ollo cos apelidos. Ons é un apelido galego e xa dende o medievo -cando a illa na cartografía se retrata como Aunios- aparece recollido próximo con Portugal, e actualmente ten presenza en ata 24 concellos galegos, principalmente entre Noia e Lousame

e © de Arturo Sánchez Cidrás (Un de Loira) dixo...

Estou dacordo en todo o que dis. O que fago con esta noticia, e similares que teño previsto sacar no futuro, no é encher a Bueu de ascendentes e descendentes senón, como curiosidade, nada máis, presentar o comentario ou suxestións doutros autores.
Grazas e un saúdo