02/08/12

Bueu consegue medallas-1

Pavillón español en Londres 1883
Se alguén está no cumio bueuense do palmarés das medallas é a Fábrica de Massó de Bueu que acadou, entre outras:
·        Primeiro Premio na Exposición Internacional de Pesca que fora inagurada o 12 de maio de 1883 en Londres.
     Expositor español: 63 m de longo por 9 m de anchura. A exposición pola noite estaba alumeada por lámpadas de arco voltaico e luz incandescente. A delegación española con 9 lámpadas de arco voltaico.

Exposición de Amberes 1885

  • · Na “Exposición Universal de Amberes” celebrada no ano 1885 consegue unha medalla de Ouro.
  • ·     Na “Exposición Internacional de Toulouse” do ano 1887 obtén unha medalla de Ouro.
  • Na “Exposición Internacional de Barcelona” do ano 1888 obtén unha medalla de Ouro.
  • ·     E na “Exposición Universal de París” de 1889 unha medalla de Bronce. Nesta exposición ían asociados como Massó-Domingo Dargentón e Cía. Participaron na Clase 70: “Conservas alimenticias”.



Ningún comentario: