Veciño de Bueu reclama a conveciños parte do 2º premio da Lotería de Nadal
O 2º premio da Lotería de Nadal do 22 de decembro de 1927 caíu no nº 50.153. Número ao que lle correspondía 10.000.000 de pesetas.
No noso concello tamén tocoulle unha participación á señora María M. G.
Pero a “boa fortuna” non foi plena. Pronto lle apareceu unha denuncia dun comerciante de Bueu que lles reclamaba 2.500 pesetas por unha participación de 50 céntimos de peseta. A agraciada, non dando crédito, dicía ante el juez que o veciño (P.L.A.) quería aproveitarse facéndolle unha“ ...injusta, infundada e inverosímil reclamación...”.
Non hai constancia documentada de como quedou a reclamación pero, polo que sei, todo apunta a que quedou en nada...
Espero que rematedes o ano sendo agraciados coa Lotería dos desexos cumpridos, de atoparvos cun cambio favorable na sociedade actual, cun novo repuntar dos valores e das ilusións... De ser así contade que vos reclamaremos, cando menos, a máis pequena que haxa para repartir entre todos os que o queiran ser felices...
Unha aperta
Ningún comentario:
Publicar un comentario