07/12/12

A Conferencia (Cáritas) fai 100 anos. Estabamos igual que agora...

Parece mentira que a sociedade non poña remedio ás penurias da gran maioría do ser humano... Seguimos igual e, polos tempos que corren, cada vez peor... máis paro, menos recursos, maior exclusión social, etc.
Todos os anos por estas datas as institucións benéficas (Cáritas e moitas ONGs) fan chamados á solidariedade cos máis necesitados de entre nós e a resposta é... (Daquela maneira!). 
Como reclamo vou a utilizar o mesmo artigo, saído en Bueu, fai 100 anos. A única diferenza está na cor distinta do texto (para actualizar o enderezo).
 Como é lóxico non gustan a tutela da desgraza, o rol feminino, os termos (pobre, caridade,...) e o ton utilizado, propios da época, pero si a intención e finalidade da mesmas.
Descoñecemos se as nosas liñas de números anteriores chamando a atención das almas caritativas e persoas piadosas, deu resultado. Oxalá que as señoras da conferencia tivesen a satisfacción de recoller moitas esmolas para os seus pobres!
Ocórresenos hoxe pedir a todos algo en caridade, para obsequiar con víveres propios das festas que se aveciñan, aos pobres do distrito.
Bacallau, arroz, garavanzos, aceite, pan...., menesteres todos para facer un guiso e que poidan os pobres, o día de Noiteboa, facer a sú cea.
Queira Deus que xuntemos moito para que a esmola se estenda a cantos máis mellor, y sexa abundante!
 Recóllense donativos no local de Cáritas (Rúa Ramón Bares) ou Servizos Sociais do Concello1  debendo entregalos antes do día 22 para ter tempo de mercar e facer o reparto.

1. No xornal, en 1912, dicía: " casa de la Presidenta de la Conferencia, Doña Francisca Massó de Bolibar y en la Administración de este periodico,"

Ningún comentario: