25/01/13

Reclamación do canteiro Antonio Cerviño ao cura de Bueu D. Joaquín González

Fixo hoxe 163 anos (un 24 de xaneiro de 1850) compadeceu ante o alcalde de Bueu Licenciado Juan Lovera por unha parte e doutras Antonio Cerviño veciño de Sta María de Augas Santas (con Francisco de la Rúa como home bo) demandandolle a D. Joaquín González cura de San Martiño de Bueu. O motivo e que lle había contratado unha obra, sen plano e prego de condicións nin escritura. Logo de facerlle todo o que a pe de obra lle mandaba o cura e, por culpa disto, este excedeuse no axustado nun principio pídese que se tase e se lle abone o que supera a cantidade de 800 reais que xa ten recibido. Enterado o cura desta demanda dise sorprendido pola reclamación e descaro con que o Sr. Cerviño presenta esta por injusta e sen fundamento.
As obras eran: as feitas no atrio da Igrexa e ademáis unha escala circular na nova porta aberta así como colocar os asentos ata onde alcanzasen as pedras dos antigos asentos.

2 comentarios:

Anxo Coya dixo...

Este Antonio Cerviño, debe ser o mestre canteiro que tamén fixo as bóvedas da igrexa parroquial do Hío, segundo o contrato asinado en 1852. Era pai de Ignacio Cerviño Quinteiro, escultor ó que varios investigadores atribúenlle a execución do Cruceiro do Hío en 1872.
Anxo Coya (veciño do Hío)