Federico Ribas Presidente Honorario dunha Asociación bueuesa na Arxentina
Moita xente de Bueu oíu falar de Federico Ribas. Uns poucos, cada vez menos, lémbranse da súa estancia en Bueu. Algúns amigos me falaban, con simpatía e sempre esbozando un sorriso un tanto pícaro, cando veu cunha amiga francesa chamada “Giorgina” á que inmortalizou como modelo na propaganda de Massó.
Persoa alegre e namorado deste pobo e de súas xentes. Coñecido coma publicista e debuxante. Todos os que temos certa idade nos lembramos da súa G de Gal ou mellor, e con máis agarimo, da M de Massó. Pero o que case ninguén sabía era que Federico Ribas foi Presidente Honorario da institución “Los Unidos del Ayuntamiento de Bueu” e algunha vez ilustrou a portada do folleto, que co gallo das festas patronais de San Martiño, servía de invitación para a comida de confraternidade e lembranza do “terruño” alá pola terras arxentinas.
 |
Portada con debuxo de Federico Ribas. F. Ribas Presidente honorario 1938 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario