As que coñecemos
estában situadas nos arredores da Praia de Area de Bon. A máis antiga situadas
nas veigas proximas ao sur da praia, cerca do río Lixó, que aínda se coñecen
hoxe como “Forno de Tella” (na fotografía zona A).
A outra, máis
recente, na zona norte da praia ao carón do río Mourazo (na fotografía zona B) pertencía ao Sr. José Ramos Crespo (casado con Eugenia Portela Castro) que tiña unha
tenda-ferretería na rúa do Príncipe de Bueu (preto da entrada ao concello). Con
posterioridade a telleira continuouna un empleado da mesma, José
do Castro, ata que a actividade foi mermando por mor da competencia da industria
da tella, sobre todo, de O Porriño, que
a fixo desaparecer.
Na zona entre a
praia de Beluso e a Roiba no que logo foi salga primeiro e logo fábrica de
conservas (con marcas como Pedra Blanca,
SF…) de Salvador Ferradás o mesmo Sr. Ramos comezou facendo tellas e logo baldosas. Segundo me
contan polas noites lle roubaban moitas. Logo dedicou as instalacións á
industria “calera”[2]. Parece que este intento
empresarial non lle foi moi ben e tivo que emigrar. O fixo cara Estados Unidos.
[1] Nas veigas e tomadas que hai dende o Río Mourazo e o Lixó.
[2] Reseñar que hai constancia de entrada de cal de Bueu no
porto de Vigo como o que recolle El
Lloyd español do 1 de xuño de 1862 na súa páxina 2 que cita a entrada o 22 de maio da “Polacra
Victoria, con cal, de Bueu”. Tamén quero agradecer aos informadores Srs. Millán (pai e fillo)
1 comentario:
Unha entrada moi interesante para os que descoñecíamos esa actividade económica en Area de Bon
Publicar un comentario