O xornal católico de Pontevedra El Áncora de 1 de agosto de 1901, nas súas páxinas 2-3 hai un
artigo titulado “Una manifestación
en Bueu” no que fala do exemplo que deu a xente de Bueu pola procesión e
bendición da imaxe da virxe do Perpetuo Socorro. Di que a invocación a esta
virxe por parte do industrial-fomentador Francisco Ferrer[1] lle
devolveu a vida xa que caira na obra de construcción da súa salgadeira
polo que este e a súa familia doaron a imaxe.
Ás seis da tarde chega a Loureiro, á casa-salgadeira
do doante, a cruz parroquial o clero de Bueu e Beluso e fregueses. A longa
procesión ía encabezada polo estandarte branco e bordado en ouro, coa imaxe da
Santísima Virxe do Socorro que portaba o médico de Bueu Pérez Lapido e
recollendo as borlas os señores Riobó e Massó. A continuación sae a imaxe, xa
bendecida, no cumio dunha pirámide de flores.Todo bordeado por dúas grandes
filas con velas encendidas, as congregacións das Fillas de María, do sagrado
Corazón...
Ao longo do traxecto as casas, expecialmente as da
Praia, lucian estandartes e colgaduras. De todas elas destacaban as do Doctor
Manuel Riobó polos “riquísimos tapices de
terciopelo rocamados de ouro e de delicadas sedas”.
Tras dúas horas de procesión chega ao templo
parroquial de san Martiño onde coroouse a “grande
manifestación relixiosa coa improvisada exhortación, que de maneira marabillosa
e con grande fogo e unión dirixiu ao fregueses o seu queridísimo párroco Sr.
Martínez Casamande…”
Extenso artigo que asina “JAPON”
Ningún comentario:
Publicar un comentario