Agora que as xentes do
noso país están afeitas a ver nos medios de comunicación todo tipo de “asaltos”
aos cartos públicos cometidos por algúns políticos ou tramados estremeiros coa
política podemos pensar que é algo puntual no tempo. Se nos informamos ben
darémonos conta que é algo de todas as épocas e non por iso menos desprezábel.
Reflexións semellantes a
esta me fan lembrar unhas “acusacións” sobre o intento de adquisición directa da illa de Ons
por parte do Estado ...,
... que xa dende finais
dos anos vinte do século pasado comézase unha campaña, nos medios de
comunicación e círculos políticos, de socialización e busca de alternativas á
Illa de Ons apoiada, entre outros, por amigos e influencias da familia Riobó, propietaria da
mesma[1].
Todo foi encaixando ata
que no outubro do 1935 o goberno do estado decidiu, en Consello de Ministros e a propósta do ministro de Traballo e Xustiza,
decretar a creación dunha casa para vagos e malfeitores en Alcalá de Henares e un
campamento agrícola coa mesma finalidade na Illa de Ons.
Días despois de saír o Decreto aparecen nos xornais
“El País” de Pontevedra e logo nos “La Libertad” de Madrid e “El Pueblo
Gallego” a noticia do “Raro asunto da venda da Illa de Ons”, “amaños”
ou “affaires”… Ata aparece o nome dalgún político implicado.
O mesmo xornal orixe da noticia
do "asunto", "El Pais" publica ao mes seguinte,
2-11-1935 na primeira páxina informando que feito averiguacións, e sen
pretender perxudicar ao propietario de Ons, rectifica e di que ó valor dado de
250.000 pesetas “non se axustan exactamente á verdade” dado que habería que
engadirlle unha grande cantidade polas "opercións financieiras" da
venda que farían “elevar a cifra total a medio millón de pesetas en números
redondos”.
A raíz deste “escándalo”
o Consello de Ministros do 6-2-1936 recúa anulando o Decreto 23/10/1935
relativo á adquisición directa da illa de Ons para a instalación
da dita colonia agrícola penitenciaria de vagos e malfeitores.
Nota: Dado que a
información oral recollida ao longo dos anos é contraditoria, a documentación oficial
pouco aclaratoria e a cascada lutuosa dos acontecementos no panorama nacional,
e en particular da illa de Ons, en momentos posteriores á anulación do decreto
citado fai que non me decante abertamente por darlle algún dos cualificativos
dos que se din nesta entrada.
Pero, ao igual que cando se fala “que ninguén cre nas bruxas, pero haber...”
Pero, ao igual que cando se fala “que ninguén cre nas bruxas, pero haber...”
[1] Cambeiro (novembro de 1928), Carballeira
(“El problema social de la Isla de Ons”-1932 e “400 colonos isleños quieren las
tierras-1933 en “El Pueblo Gallego”; “La
primera y única finca que se va a expropiar” coa reforma Agraria en Galicia –
“Estampa” 1932), Joaquín Pesqueira (en 1930), etc. Dicír que todos eles son alleos
a complóts directos con posíbeis “pelotazos especulativos” máis ben escriben
por amizade e razóns sociais. O que non é óbice para que outros se
aproveiten...
Ningún comentario:
Publicar un comentario