Aló polo agosto
do ano 1900, o coadxutor de Bueu, D. Manuel Carreiro Martínez é denunciado polo
tamén cura ecónomo de Sta María de Tourón D. Zoilo Poza Lueiro para que lle
pague a débeda de 8.018 reais equivalentes a 2.004,5 pesetas (hoxe uns 12,04 €)
que había contraído cando era coadxutor de Mourente.
Os cartos
débense por préstamos e pagos que facilitou D. Zoilo ao coadxutor de Bueu.
Laméntase o señor Zoilo, que sendo os dous curas teña que acudir ao xulgado e
que o fai pola “resistencia pasiva” de D. Manuel Carreiro.
O curioso é que
o coadxutor di que non son certos os feitos e que non lle debe nada a dito
demandante.
O representante
legal de D. Zoilo, que en todo momento quería solucionar o caso de xeito amigábel,
ante estes feitos desprega unha longa batería de preguntas onde expón con todo
luxo de detalles, nomes, lugares, motivos, cantidades, todos os préstamos e o
porque dos mesmos (case sempre por dificultades económicas da familia do
coadxutor o por herdanzas). Incluso mencionou que, de non habelo axudado, este
afogado polas débedas íase marchar para América e que grazas á axuda, como cura
e amigo, puidera facer fronte a case que todos os pagos.
Non sabemos cal
era a cara que puña o coadxutor mais si que se afirmou nas súas primeiras
palabras de que non tiña débeda ningunha co demandante.
O resultado do
xuízo posterior a esta avinza descoñecémola…
“Amiguiños, si, pero a vaquiña polo que vale”
Ningún comentario:
Publicar un comentario