A Praia de Bueu, areal precioso dun quilómetro
de longo sucado por máis de tres regatos que como veas aportaban os elementos
necesarios para que os bivalvos fosen abondosos e que algunhas anguías e
troitas aventúrense ata o Canudo e o río Portela. Tamén contan que ata reos,
outros din que troitas “arreadas”, andasen preto da Finca do Cura.
Isto ocorría ata principios do s. XX pois a
praia era utilizada sobre todo para botar a arte, descargar o peixe, secar as
redes e subir os barcos. Pero había unha demanda entre os comerciantes que
tiñan que ir a outros portos, Marín fundamentalmente, a descargar mercadorías.
Sendo alcalde Agustín Gelpí Serra
concedéuselle a Bueu o solicitado ao goberno polo grupo de fomentadores da
salga: poder habilitar a Praia para o embarque e desembarque de produtos do país.
Esto foi resolto co Real decreto do 22 de agosto de 1872 e publicado no Parte
Oficial da cancelaría do ministerio de Estado o día 28.
Dado que Bueu non tiña porto, foi un fito importante
para o pobo pois aínda que había as limitacións de necesitar autorización da
aduana de Marín, xa recaía a responsabilidade de vixilancia e control no posto
de carabineiros de Bueu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario