En xuño de 1888 o
ministerio de Fomento inclúe no Plan Xeral a construción dun ferrocarril de vía
estreita que partindo do porto de Bueu remate en Cangas do Morrazo.
Se nos remontamos ao ano
1904 algúns xornais coma “La Correspondencia Gallega“ (Diario de Pontevedra do
2-12-1904) fanse eco dos intereses para o pobo galego e,
entre, eles está a do Ferrocarril para o “desenvolvemento de canto coa
agricultura, o comercio á industria se refire”. Tanto é así que da fe dos proxectos dos ferrocarrís
secundarios que deberían construírse en Galicia citando unha a unha ás comarcas
nas que deberían levarse a acabo.
Case todos os proxectos quedan no esquecemento pero no ano 1946 atopámonos cun Concurso para dotar a Bueu dun Despacho Auxiliar de “encargos e mercadorías en grande e pequena velocidade entre a estación de Pontevedra” e Bueu.
Case todos os proxectos quedan no esquecemento pero no ano 1946 atopámonos cun Concurso para dotar a Bueu dun Despacho Auxiliar de “encargos e mercadorías en grande e pequena velocidade entre a estación de Pontevedra” e Bueu.
E posteriormente nos anos
cincuenta do século pasado aínda estaban polo labor os concellos afectados. Tal
é o caso que xa no xuño do 1951 o concello de Bueu toma un acordo unánime a
favor do proxecto:
No ano 1953 segue o
liderado do concello de Cangas, na busca de solucións políticas, que segue a
ser amparado polos alcaldes dos concellos limítrofes.
Ao final, como se pode
constatar, só chegou a construírse decenios despois a liña de tren
Pontevedra-Porto de Marín que sería inaugurada o 10 de xuño de 2002.
Ningún comentario:
Publicar un comentario