O semanario republicano de Pontevedra, El Combate do
15 de outubro 1899 na páx. 2, da a noticia de “Outro naufraxio” pero queixándose
da actitude de deus ante a desgraza dos pobres mariñeiros en contraposición á
que o xornalista supón que ten cós “patróns da barca política”. Tamén se lamenta
de pouca solidariedade coas familias afectadas.
Transcrición da noticia
xornalística:
“Outro naufraxio”
En Bueu naufragou
unha lancha onde ían seis pescadores. Era de noite, e un forte e repentino
empuxe do vento volveu de quilla a embarcación, salvándose os dous mariñeiros
que uno a proa e outro a popa ían alerta, e perecendo o catro que durmían no camarote.
A morte deste catro infelices debeu ser
horrible.
Ao día seguinte
apareceron no seu mesmo dormitorio os catro cadáveres, contraídos nas formas
máis violentas.
Deus, que salvou
de tanto naufraxio a Sagasta, Martínez Campos, Silvela e demais patróns da
barca política, que tanto dano fixeron a España, non quixo salvar a ese catro
homes inofensivos e útiles, que se dedicaban precisamente ao cumprimento do
precepto bíblico: “gañarás o pan coa suor da túa fronte”
Non habemos de
penetrar os designios dunha divina providencia que aos nosos profanos ollos
preséntase tan caprichosa e anómala, e séxanos permitido derramar unha bágoa de
dor por eses catro mártires do devandito precepto bíblico, e dirixir unha
mirada de solidaria pena ás viúvas e orfos dos afogados.
Non podemos facer outra cousa nesta
sociedade inxusta.
Os Sres. Massó
iniciaron unha subscrición a favor das familias das vítimas, que alcanza a
algúns miles de reais.
Se houbese cristiáns nesta terra de
católicos, xa ascendería a varios miles de duros.
E non dicimos máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario