26/10/14

Prohibido circular a máis de 10 km/h en Bueu


“Prohibición de circulación de automóbiles, con exceso de velocidade, e coa válvula de escape aberta”
Sendo alcalde Camilo Davila no marzo de 1929, e por ser frecuente o paso pola vila de automóbiles a grande velocidade (máis de 10 km/h) e/ou facendo un grande ruído por levar a válvula de escape aberta é polo que decidiu :
1º Notificar unha serie de normas, ao través do Garda Municipal Manuel Palmeiro, aos condutores e propietarios de automóbiles deste concello señores Barreiro, Manuel Ríos Pérez, Segundo Filgueira, Benito Estévez, Gabriel Álvarez, José Cerqueiro, Ernesto Piñeiro, Francisco Cabanillas, Alejandro García, Escáneo, Attilio Gaggero e Eugenio Novas Budiño.
2º Publicar estas normas como PROVIDENCIA ou disposición preventiva para conseguir seguridade e tranquilidade nas rúas do pobo e así evitar ser sancionados con multas por:
·        Circular a máis de 10 km/h dentro do casco do pobo
·   Por producir ruídos ou trepidacións anormais ou por non utilizar dispositivos silenciosos
Se a pesar de ser multado reincide logo a pena elévase como “desobediencia á autoridade”

Ningún comentario: