O día de San
Martiño de 1920 inaugurouse en Bueu o cine “Victoria”[1]
que como anunciaba a prensa foi o “primeiro salón cinematográfico estable
da vila. Dispoñendo dun proxector Power nº 6B con indutor, fabricado en
Norteamérica”.
O seu
propietario, José Cornide González, prometeu ”contribuír o mellor posible á divulgación do Sétimo Arte, aínda en
mantillas como quen di…”
D. José Cornide
foi Secretario do concello dende novembro de 1909, definitivo dende 1914, ata
1925 en que dimitiu e foise ao concello de O Valadouro-Lugo. A consecuencia
disto o cine estivo pechado dous anos ata que un amigo seu, José López Díaz ("Forneiro"),
alugoullo con todo o que nel había (aparato e accesorios, piano, mobiliario,
etc.) por cinco anos a 1.350 ptas (8,11 €) cada ano.
José López Díaz e a súa dona Carmen Gelpi |
Cando remataron
estes cinco anos o señor Cornide vendeullo ao mesmo José López Díaz por 6.750 ptas (40,57 €).
De 1954 a 1977 o propietario
foi o mestre José Martínez Camiña que para regular a súa actividade presentou
un proxecto con memoria e planos do arquitecto Emilio Quiroga Losada.
A partires de 1978 pasa a ser
propiedade dos irmáns Carballo (José e Luís) ata que cesou a actividade
oficialmente o 30 de novembro de 1984.
Ningún comentario:
Publicar un comentario