A raíz de que o Axudante
de Mariña de Bueu ordenou fosen desfeitas as embarcacións inservibles que había
na Praia para que esta quedara limpa o xornalista de El Adelanto (20-10_1912)
aplaude esta medida pero queixándose de que a orde non sexa xeral a todo tipo
de embarcacións, así como a toda á
Praia.
A continuación fai unha
denuncia expositiva dalgúns lugares “que
tamén serven de estorbo e son focos, ademais, de toda clase de inmundicia e
enfermidades” como os da Banda do Río que ten “na praia uns rolos de piñeiro, secadoiros
de polbo e cheas de leña”.
Fai fincapé especial nos
“secadoiros de polbo en todo tempo e
máis no verán cando o rico molusco áchase en cura, despide un cheiro nada
agradable nin de moi bo efecto” e anima ás autoridades a que lles indiquen
aos “tratantes sitios mellores para a súa seca nas diferentes praias deste
termo, onde non prexudicaría a ningún veciño pola distancia de punto habitado,
nin tampouco obsequiarían aos transeúntes con tal esencia de rosa...
Nisto da limpeza e hixiene pediremos sempre, machucaremos
todos os días, aínda que parezamos pesados, polo que afecta o ornato público e
ao interese que temos en que o pobo de Bueu apareza limpo e respírese aire san
sen perigos de miasmas deletéreas, de tanto microbio como actualmente axéxanos
en cada recuncho e por calquera parte do pobo, sobre todo na praia, (salvo
contados sitios) onde non é posible mirar sen apartar a vista con noxo e
fixarse moito onde se pon o pé…”
A o alcalde lle pide que siga as pegadas do Axudante e así converterá o
pobo de Bueu nunha “taziña de prata”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario