28/05/15

Carballeira máis eu falamos de Filgueira Valverde

Neste ano no que o Día das Letras Galegas estivo dedicado ao D. José Filgueira Valverde. Agora que pasou o vórtice de actividades, loas, deostamentos,... quero poñer dúas pinceladas relacionadas co “vello profesor” que sirvan soamente como pequenos recordos.
Carballeira fixo unha pequena recensión do seu libro “O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco” que Filgueira escribira con Fernández Ojea. A dito fascículo o cataloga dun “fondo valor pedagóxico”. E remata dicindo que serve para mostrar fora de Galicia que aquí temos xente que se preocupa por estudar “o que somos e o que temos na nosa terra.
Parécenos este labor fundamental para botar raíces dunha nova Galicia, porque un pobo comeza por asentarse historicamente cando discorre o seu pensamento cientificamente, sobre o camiño da razón, onde as cousas son tal como son e sábese por que.
Os señores Filgueira e Fernández Ojea puxeron coa súa obra un fito máis na nosa nova cultura”   
-------
A D. José Filgueira o lembro como profesor na súa etapa de Procurador en Cortes. Cito isto último porque na ousadía rebelde cando mozo recrimineillo sutilmente para, rapidamente e ante a súa reacción nerviosa, tornalo en xustificacións de utopías persoais que lle agradaron máis do previsto e me valeron un recoñecemento inmerecido ao longo da miña etapa no instituto. Froito desa consideración foi que habendo rexeitado a súa proposta de ser Estrepsíades ou Sócrates,  na obra As nubes de Aristófanes, non o puiden facer co papel do “Racionamento Xusto” o que me permitiu coñecer a unha persoa, que con todas as súas contradicións, tomou o rol de profesor-guía que, á vez, imbuía dunha cultura sen fronteiras. 

Ningún comentario: