No
ano 1927 a empresa Massó Hermanos solicita autorización para “instalar na súa fábrica de conservas de peixe, unha máquina de fabricación de Puntas de París,
con destino exclusivo para as súas necesidades” na fábrica que posúen en Bueu.
Ante
a publicación[1]
oficial de dita autorización os industriais dedicados ao ramo da fabricación de
arameos e Puntas de París elevan instancia ás máis altas autoridades para que
lle deneguen á empresa Massó a dita petición aducindo os seguintes motivos:
-
Porque nese momento “hai exceso de fábricas de Puntas de París
que apenas traballa polo que hai unha enorme produción a prezos de coste e en
cambio o consumo absorbe unha pequena parte, o que orixina un envilecemento nos
prezos que é causa da grande crise que atravesa” o sector.
-
Porque son bastantes as
fábricas que polas razóns anteriores tiveron que paralizar a fabricación, ou
están en suspensión de pagos e quebra.
-
Porque co pretexto do
“PROPIO CONSUMO móntanse subrepticiamente novas fábricas que perturban o
mercado nacional xa que importan grandes cantidades de arameo estranxeiro
aproveitándose das oscilacións do cambio e cotizan a ameaza, con evidente prexuízo
da Economía Nacional”
A
pesares de todas as queixas do sector o Presidente do Consello de Ministros, de
acordo co Comité Regulador da Produción Industrial, autoriza á empresa Massó
para que poida fabricar Puntas de París. O que se publica na Gaceta do día 27
de outubro de 1927.
Nota: Grazas a Manuel Aldao por facilitar información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario