A
petición do Gobernador Civil (BOP de 9-1-1937) para que se informe dos
monumentos, obxectos, bibliotecas, etc. considerados como artísticos que foron
derrubados despois da chegada da República (14-abril-1931).
Como
resposta a esta dilixencia só se mencionou como de haber sido danado o Cruceiro
de Castiñeiras (ou Morouzos). E en contestación ás preguntas do cuestionario
danse as seguintes respostas:
1.
Chamase cruceiro de
Castiñeiras por ser este o nome do monte onde se atopa. Dista do casco da vila
uns seis quilómetros e está ao pe do camiño veciñal da Portela á Praia de Lago.
2.
Seu valor máis que artístico
é sentimental, estando alumeado case constantemente con lámpadas de aceite
levadas alí pola devoción. Ten a seguinte inscrición: “Esta obra mandó hacer a su costa el Capitán D. José de la Rúa –La O
V.- al se te de ció
el día 14 septiembre 1700”.
3.
Foi derrubado en
setembro de 1934 por medio de explosivos sen que puidera coñecerse o autor
deste delito. Quedou esnaquizada a columna e con grandes estragos as efixies do
Santo Cristo e a Dolorosa.
4.
O concello no adoptou
pola súa parte medida algunha para a reconstrución.
5.
Acompáñanse 3
fotografías de como se atopa na actualidade.
6.
Foi reconstruído a
expensas da Casa Massó Hermanos executando o traballo Manuel Acuña, canteiro
con domicilio en Bueu.
7.
Non é preciso polo
momento ningún traballo máis que os que xa se fixeron.
Asina o alcalde en Bueu a 26 de abril de
1937
Ningún comentario:
Publicar un comentario