No ano 1907, D. Miguel Nogueira Fráguas, xuíz municipal, convocou aos veciños a unha reunión para estimulalos a participar na realización das festas patronais de San Martiño. Nesa reunión nomeáronse “comisións encargadas das subscricións e recolección de froitos como de costume, para o tal obxecto”.
A comisión da Praia pretendeu que “os
festexos tivesen lugar na praza da rúa Eduardo Vincenti, e non no sitio próximo
ao atrio da igrexa, onde sempre se celebraron”.
Nisto non estiveron de acordo as comisións chamadas “da aldea”, aducindo “costume inmemorial establecida polos seus
antepasados”.
A comisión da Praia contratou á banda de
música de Cangas dirixida por D. Fernando Costas, encargándose de iluminaras
rúas e prazas durante tres días así como disparar bombas e foguetes.
La Correspondencia Gallega 8-11-1907 |
, as comisións “do rural, encargadas da totalidade das festas, tanto relixiosas coma
cívicas, non menos celosas de manter as súas antigas costumes, contrataron á
brillante banda de música que dirixe o acreditado mestre, D. Marcelino Giráldez”.
E o seu programa era o seguinte:
Día 10.- Ás tres da tarde, percorrido
polas rúas da citada banda saudando ás autoridades e sociedades. Ás seis da
tarde solemnes vésperas con orquestra na igrexa parroquial e, rematadas estas,
baile no atrio ata a noite.
Día 11.- Ás sete da mañá, salva de
bombas e diana polas músicas e gaitas. Ás dez da mañá, irán as Comisións de
festa, precedidas pola banda de música dende o pazo do Casal ata igrexa. Ás 11
función relixiosa na honra de San Martiño, con orquestra e voces. Ao rematar a
misa, procesión xeral, onde a orquestra interpretará varios motetes alusivos ao
Santo. Ás catro da tarde, salva de bombas e paseo polo atrio da igrexa ,
amenizado pola banda de música de Porriño. Ás seis, vésperas de San Roque, no
templo, con orquestra: iluminación á veneciana e focos de luz acetileno; baile
amenizado pola banda de Porriño, ata ás dez da noite.
Día 12.- Os mesmos festexos do día
anterior co mesmo horario e sitio, á excepción das vésperas da igrexa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario