En cumprimento da Lei de 13 de marzo do
ano 1900 o alcalde de Bueu D. Miguel Nogueira presidiu unha reunión cós patróns
e obreiros deste concello. O primeiro que fan é dar lectura á Real Orde que
regula o traballo dos nenos menores de dezaoito anos e mulleres menores de
vinte tres anos. Para controlar o cumprimento destas regulacións, e tal como
recolle a Real Orde, ditos patróns e obreiros procederon á constitución dunha
Xunta Local e nomeamento dos seus vogais que quedou como segue:
Vogais da
patronal Vogais dos obreiros
Juan
Tapias Puig Juan Cerviño González
Salvador
Massó Ferrer Emiterio Couso
Darío
Lameiro Juan Abilleira
Pousada
Francisco
Prieto Juan Martínez Barreiro
Manuel
Fontáns Manuel Gómez
Manuel Martínez Veiga Jesús Bernardez
(En nome
de José R. Curbera)
Tamén
foron nomeados vogais os párrocos de Bueu, Juan Martínez Casamande, e de
Beluso, José Ferro Baliña.
Remataron
a sesión constitutiva da Xunta Local de Reformas Sociais coa elección de
Secretario que recaeu en Juan Cerviño e, coma substituto deste, Salvador Massó.
As resolucións desta Xunta nas primeiras
sesións, e pola influenza dos curas párrocos, estaban centradas na prohibición
de traballar os domingos e festivos e así chegamos a 1903 e seguimos a ver “que a pesar do acordado por esta Xunta en
sesións anteriores, é hoxe en día que se segue polos Fabricantes desta
localidade admitindo ao traballo nos domingos e días festivos ás mulleres de
todas as idades e nenos menores de dezaoito anos en oposición aberta ao último
parágrafo do artigo 6º da Lei de Reformas sociais...”. Polo que se pide “impóñaselle aos patróns as multas
correspondentes por tales infraccións”. Todo quedou en que se lle pasaría
un aviso á patronal... e a partires de aquí o único que se constata son cambios
de nomes dos vogais pero ningunha outra resolución nin a favor nin en contra
dos traballadores nin da patronal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario