Hai
anos, recompilando artigos do xornalista Joaquín Pesqueira[1] atopeime un que me chamou
moito a atención pois dábame claves para entender parte da súa biografía que en
ningún libro atopaba. Tratábase do artigo “De
como volví una vez a mi pazo pairal” publicado en Bós Aires na revista
“Caras y Caretas” nº 1.340 do 7 de xuño de 1924, páxinas 33-34.
Interesante
artigo tamén porque describe escenas de 1910, das xentes do Morrazo que
acudiran a un día de feira en Pontevedra. Pon en boca do cura de Cela o contar
das últimas novidades acontecidas na parroquia de Cela: a morte do Sr. Ramón o
ferrador e de Manuel o serrador, que se perdera a colleita da froita de oso e
diminuíra moito a do millo, etc. Tamén describe a paisaxe e a posta do sol por
Ons.
Pero
o que agora quero resaltar é a mención que fai de “Benito,
tecelán de Cela, o ladino filósofo rústico, amigo de don Ramón del Valle
Inclán, xa non tecía na súa vetusta tecedora, porque as mozas e as vellas
tampouco fiaban o branco liño caseiro coas súas pulidas rocas de buxo”.
[1]
Nado en Pontevedra e “neto do
maiorazgo de Ardán”. Xornalista afamado. Corresponsal do xornal La nación entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario