Ante acontecementos ocorridos non hai tanto tempo con
respecto á utilización da censura no Entroido bueuense faime lembrar un máis, e
espero que sexa o último, reflectido nunha Providencia da alcaldía. O caso que quero
amosarlles data do Entroido de 1929. A ‘murga’ implicada era de Beluso e chamábanse
“Las catacumbas del pueblo” na que en
tres das súas letras (con músicas de pasodobre, valse e xota) parece ser que
tiñan no punto de mira a unha familia do municipio á que, segundo criterio da
alcaldía, “aluden dun modo claro e
vexatorio”.
A raíz deste criterio decide o rexedor municipal sacar
unha Providencia prohibindo o difusión de ditas letras, non así da cuarta
letra, unha mazurca, para o cal se lles comina a que entreguen todas as letras
impresas.
Todo isto ponse en coñecemento do Gobernador Civil con
data de 7 de febreiro de 1929.
Outras entradas
anteriores aparecidas neste blog co mesmo tema de prohibicións ou censuras polo
Entroido en Bueu:
O alcalde de Bueu prohibe levar a
cara tapada no Entroido no Entroido de 1932
Ningún comentario:
Publicar un comentario