Sentimentos encontrados preséntanse
cada xornada que aparece “Día internacional de...” que as Nacións Unidas e as
súas Axencias elixen para “marcar aspectos importantes da vida humana e da
historia”. Enténdese que haxa que lembrar, poñer o punto de mira, etc. en
aspectos fundamentais para a vida e a convivencia das persoas que viaxamos
neste autobús planetario que é a Terra.
Pero faise como se os condutores foxen os Trump, as Merkel, os Rajoy,...
ou como se os grandes poderes financeiros foran os donos da empresa do autobús.
E ata como se as grandes multinacionais da enerxía, da informática, da
tecnoloxía, etc. foran as concesionarias da peaxe por desprazarnos ou as que
nos abasteceran do combustible que nos move polo espazo. E todos achantamos sen
decatarnos de que son as forzas gravitacionais as que nos trasladan ao seu
antollo. E que ninguén, e digo ninguén (persoa, empresa, nación, ideoloxía,
deus, etc.) nos dirixe.
A pesar de todo, sumámonos con
plenitude de conciencia e intencionalidade a poñer de manifesto a falta de
equidade por sermos mulleres ou homes, altos ou baixos, diferentes ou iguais,
fortes ou débiles, sans ou enfermos, de aquí ou de alí,...[1] e o
vou facer, en contraposición ao dito ata agora, sen grandes alfaremes, coa voz
tranquila e reivindicativa dos veciños de Beluso reclamando, un 14 de xullo de
1881, unha escola de nenas para a súa parroquia:
“Ao Concello
Constitucional de Bueu
Os que subscriben
[...] á corporación municipal respectuosamente acoden expoñendo: Que miraron con
singular pracer o celo do Concello e o desexo que lle anima por difundir a instrución
creando na próxima parroquia de Cela unha escola de rapazas tan necesaria como
beneficiosa, é ao mellor desenvolvemento e fomento da educación da muller
circunstancia que os que subscriben teñen sen reserva que aplaudir; por máis
que ben desexaran obtivese aquela o grao de elemental completa, pero non obtén a
súa categoría. Non pode por menos que recoñecer o beneficio que reporta a súa
instalación.
Dígnase
na actitude do Concello o fixar a escola de que se trata ten
de recoñecer o municipio o principio supremo do dereito que consiste na equidade,
e en tal concepto, e seguros os que subscriben dos bos propósitos da
municipalidade, cren
firmemente que terá que atendese, axustarse
e subordinar a súa acción aqueles prexuízos, pois a que se o demanda a xustiza
máis severa.”
Equidade palabra que, con outras, nos
aportan valores universais, non ideolóxicos, e que nos animan a adherirmos ás
intencións e fins do “Día Internacional da muller traballadora” que hoxe
celebramos.
Nota: De botar,
botaría en falta o “Día internacional do
Sentido Común” (e o mellor día para celebralo: os 365 días do ano) pois así
non sería necesario reivindicar tantas cousas que terían que ser normais neste
autobús...
Ningún comentario:
Publicar un comentario