A Garda
civil de Bueu quere poñerse ‘legal’ ante a nova realidade política e colocar
unha bandeira republicana na fachada do cuartel.
A menos
dunha semana despois da instauración da República no ano 1931 o comandante de
posto da Garda Civil de Bueu envía un oficio ao alcalde para que este lle
facilite “unha bandeira lexítima
Republicana” xa que mentres tanto fíxolle un apaño á monárquica que posuían. E o fai nos seguintes termos tal como transcribo:
“Ao crearse este Posto foi dotado dunha bandeira
monárquica costeada polo Concello desta Vila que na actualidade V. ten a honra
de presidir, e como queira que á chegada da nacente República, carécese de
bandeira nesta Casa-Cuartel, espero merecer da digna autoridade de V. se
facilite a este Posto unha bandeira lexítima Republicana confeccionada con acordo
ás disposicións vixentes, segundo me interesa a superioridade; significándolle
que no comercio de Don Camilo Davila comprei no día de onte tres metros de xénero
morado para arranxar a que na actualidade posuímos e podela izar por agora ata
que se me facilite a que na presente lle intereso se así o acorda esa xunta
municipal.
Deus que a V. m. a.
Bueu 19 de abril de 1931
O Comandante posto P.A
José García Villanueva”
Ningún comentario:
Publicar un comentario