Partes de Baixa:
O de Beluso era Luís M.,
veciño de A Rosa a quen “recoñecido
(27-1-1910) e examinado atópase afectado dunha Amiotrofia localizada ao membro
inferior esquerdo con deformidade dos pés do mesmo lado, sostida esta afección
por profunda alteración nerviosa; padecemento que ven sufrindo desde a nenez,
inutilizándoo para a progresión e polo tanto para o desempeño do cargo de
Alcalde de Barrio para o que recentemente foi nomeado.”.
O de O Valado Francisco
C. R. (27-1-1910) a quen despois de
recoñecelo atopou “afectado dunha
voluminosa hernia inguinal externa do lado dereito que lle impide todo
movemento forzado e a locomoción en determinados estados obrigándolle a gardar
cama con bastante frecuencia; padecimiento que le inutiliza para desempeñar el
cargo de Alcalde de Barrio para o que
recentemente foi nomeado.”
O do Enleito Benito L. L.
(27-1-1910) a quen despois de
recoñecelo atopouno “afectado dun
reumatismo muscular crónico con exacerbacións subagudas seguidas de dores
musculares que lle obrigan a gardar cama naqueles períodos; estes estados
caracterizados como enfermidades a frigore manifestas, desenvólvense por
arrefriamento do organismo impedíndolle dedicarse [...] ao desempeño do cargo de
Alcalde de Barrio para o que recentemente
foi nomeado.”
O
de Bueu era Francisco Fernández S. (22-5-1910) e este tiña, ao dicir do doutor,
“unha
hernia inguinal do lado dereito que lle impide en determinados estados exercitar
os fundamentos da locomoción [...] polo tanto imposibilitado para o desempeño
do cargo de Alcalde de Barrio para o que
recentemente foi nomeado.”
2 comentarios:
Xenial o cadro de Patoloxía Política
Xenial o cadro de Patoloxía Política
Publicar un comentario