01/09/23

Preguntas con respostas... Dorna, escudo...

 Xa chegou setembro e comeza a preparación do curso escolar para os nosos cativos (e non tan cativos…). Vexo a uns nenos xogando na fonte que hai entre a praza de abastos e o Centro Social. Seus país que deben estar pola zona pero non se mira a ninguén que os atenda. O máis pequeno agárranse á dorna con forza pois estivo a piques de caer... 

Poño a mirada no neno e na dorna... e tamén respiro tranquilo. Pero a imaxinación voa e miro a dorna nun pedestal máis alto, onde non lle chegaría o neno. Case á vez xórdenme dúas preguntas, das que resulta que tamén me saen as respostas que pensaba tiña esquecidas. Quen puxo a dorna aí? Cando? E sen pararme máis deixei que os nenos seguiran navegando na dorna emulando ao apóstolo Santiago.

 Nota: Por se alguén non se acorda ou non o sabe a dorna está aí dende o 11 de novembro, día de San Martiño de 1945 e foi unha doazón persoal do por aquel entón (e moitos anos máis...) era alcalde de Bueu, José Mª Massó.

Como xustificación poño o anaco de acta da sesión do 13 de decembro de 1945 onde nolo aclara.

E xa postos, con preguntas e respostas, subindo polas escalas aos andares altos do concello hai un escudo de Bueu de madeira que ten na súa extrema inferior a data de 1838. Quen o puxo? Cando? Estivo sempre aí? Por que esa data?

Respostas: O mandou poñer o mesmo alcalde antes citado (Massó) pero pagouno o concello de Bueu. A data exacta de colocación non a sabemos pero si que se acordou encargalo na sesión do 12 de setembro de 1946 e que era para pór na sala de sesións do concello.


 O do número 1838 é un erro pois sempre houbo a crenza de que o concello tal como o coñecemos comezou nese ano con Salvador Marty como alcalde (así aparece nos listados municipais). Máis a realidade é que tería que pór 1836 e, como primeiro alcalde, a Juan Fontenla Sotelo xa que foi comisionado para o cargo o 8 de decembro dese ano.

 

Nota:

Por se algún desexa entreterse, pode buscar as moitas diferencias entre as fotografías das dornas. Seguro que pasará un rato entretido e sacará unha reflexión interesante…

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Bon traballo

Anónimo dixo...

Noraboa..¿ Cando o nomearon alcalde?
Aproveitou mais adiante isa dorna pra decirlle o que mandaba que Bueu era un pobo mariñeiro e que a Escola Naval Militar debería estar en Marín.Hay algunha razón pra que ese feito non sexa recoñecido?
Listo como el só .A borralla pra Marin e o futuro pra Bueu. Massó e a dorna

Arturo dixo...

Como xestor e alcalde foi dende o día 24 de xaneiro de 1939 ata a súa dimisión voluntaria, o día 21 de xaneiro de 1971.
Do da Escola Naval non teño documentación. Seino pero con versións variadas. Aínda que non son moi difíciles de adiviñar... empresario con intereses directos non so na praia de Bueu (onde tiña as fábricas a familia (e el) senón tamén en Beluso, onde pensaban instalar a Escola Naval xa que eran donos da antiga salga da Roiba e da de Mourisca (aínda que máis afastada, amén doutras propiedades no lugar.