25/05/12


O 27 de maio fixo 82 anos que falecía en Madrid, GABRIEL MIRÓ, escritor alacantino da xeración do 14 ou novecentismo.
Escritor de máis de dúas decenas de libros (de estampas, novelas e contos), colaborador dunha ducia de revistas e xornais españois e americanos... Amigo de Azorín... ata Valle Inclán e Pio Baroja lle fan unha homenaxe no 1908... De seguir así estaríamos a apuntar aspectos dun grande da literatura española, pero hai algo máis que me gostaría que tamén coñecérades: O seu bisavó era da Illa de Ons?.
A mediados do s. XIX, tal como recolle de entrevistas a familiares Edmund L. King "...aparece en Murcia don Andrés Ons, procedente, quizais, da illa de Ons, nome xeográfico que se convirte en apelido familiar. Deu este nome dicindo que viña de Galicia e asentouse na cercana cidade de Orihuela…".
Pequena árbore xenealóxica de Gabriel Miró:

14/05/12

Nesta semana temos o Día da Letras Galegas, como é sabido, dedicada á Valentín Paz Andrade.
Podería vencellar esta entrada á figura do homenaxeado e a súa relación con Bueu: Que na primaveira do 1931 dou un mítin en Bueu  o mesmo que en outubro do 1932, con xentes coma Castelao, Bóveda, Suárez Picallo… Que coincidiu con Johán Carballeira como colaborador da revista “Ser” … que o través do mundo dos empresarios da pesca tivo relación coa familia Massó,... que no 1952 escribía sobre a altísima productividade e hixiene no descabezado e eviscerado manual na fábrica de Massó, que …
...o que agora me apetece é deixar este traballo para outros e…. volver a lembrar que o homenaxeado polas Letras Galegas no 1985 foi Antonio Losada Diéguez que, coma Paz Andrade, era un intelectual galeguista. Que con Vicente Risco e Noguerol fundou a revista “Nós”, integrante das Irmandades da Fala,… pero tamén foi o autor do mosaico que presidía a entrada da fábrica de Massó.
E para non comentalo texto ou facerme preguntas como: Que foi do mosaico? Por que separaron o diptongo? … acudo ao compañeiro Carballeira que sempre me da ideas…
“PARADOJA CRUEL. “El mar es camino para todos, fuente de vida, fecundador de la tierra, tesoro de los pobres...” Así reza una leyenda dictada por la pluma lúcida de Antonio Losada Diéguez, que campa refulgente en el frontis de una importante factoría gallega. ¡Tesoro de los pobres! Y en alucinante desfile de esclavitud y miseria, los mahones maltrechos de los marineros, con sus rostros de hambre y de sueño, ponen a cada hora, a lo largo de la costa gallega, un paradójico y cruel comentario a la bella leyenda gritando con su crispado silencio proletario el dolor de unas vidas eternamente miserables…”

Para ver o artigo completo: El Pueblo Gallego (30-5-1936 páx. 16) ou en O Candil nº 5 páx. 46

Para coñecer máis e/ou realizar actividades sobre a obra e figura de Paz Andrade podemos acudir a moitas páxinas de centros educativos. Eu aconsello premer aquí para acceder a unha con amplas propóstas para todas as idades (do Centro Plirilingüe A Pedra, como non podía ser doutro xeito… sempre á vangarda!)

01/05/12


Na praia de Beluso - 21/11/1995
 - Que Paul Preston é un historiador inglés o sabe moita xente…
- Que Paul Preston é un dos máis importantes hispanistas británicos e que o seu traballo se centra na Historia Contemporánea (sobre todo dende a Segunda República, pasando pola Guerra Civil, ata a Transición Española)… o saben moitos…
- Que Paul Preston naceu no 1946 en Liverpool, no barrio de Anfield onde otópanse os estadios dos clubes de fútbol da cidade (o Liverpool Football Club e o Everton Football Club), que foi profesor de tal e cal universidade, que foi sinalado con tal ou cal distinción… podes velo por internet (Wikipedia, buscadores,…)
-Pero o que non atoparás por ningún outro sitio é o que me "soplou" o escritor e periodista bueuense Salvador Rodríguez:
“O historiador Paul Preston veraneou varios anos en Bueu, así o dixo cando, fai tempo, estivo no Club Faro de Vigo. Incluso empeñouse en visitar Bueu (concretamente Loureiro) e confesou que de mociño ata tivera unha noiva alí”...

20/04/12

Hai moitos anos que persoas moi queridas, dende Arxentina, enviáronme un fermoso agasallo: restos dun folleto que a Sociedade Unidos de Bueu había editado en Bos Aires no 1938 para celebrar o XV Aniversario da súa fundación e para conmemorar as festas patronais de San Martiño.
Entre as súas páxinas aparece esta pequena recensión e fotografía do alcalde Johán Carballeira asasinado un ano antes.

04/04/12

O Concello de Bueu quería que se lle concedese o dereito a “poñelo” cura de Bueu...

O Concello Constitucional de San Martín de Bueu presentou unha instacia ás autoridades competentes xa que quería que se lle concedese o dereito a presentar para a provisión de curato de dito pobo ao modo de cómo o facían os mosteiros de Poio e Armenteira…
Esta misiva tivo contestación por parte da SS Maxestade o Rei, o día 23-2-1822, denegandolle tal posibilidade.

Raxoi é asistido por Félix Juncal no 1757...

Como é lóxico non estou a falar do presidente do goberno nin do alcalde de Bueu senón que me refiro á visita pastoral que o 6 de decembro do 1757 fai á parroquia do San Martiño de Bueu o Arcebispo Bartolomé de Raxoi e Losada. Ese mesmo día, pola tarde estivo confirmando aos nen@s asistido por Félix Juncal e Cayetano Barcenilla.
 
O sacerdote Félix Juncal Pereira “oriundo, y vezino desta feligresia ordenado en el año de (1)748 por el Señor Obispo de Ycosia atitulo de unas Capellanias sitas en la Yglesia Parroquial de Sn. Lucar de Barrameda Arzobispado de Sevilla”
Caietano de Barcenilla, “Cura propio desta feligresia deSan Martin deBueu” (ou sexa, párroco)


01/04/12

Comeza a Semana Santa 2012...
 Sen que serva de precedente e con toda a consideración que da a distancia no tempo quero lembrar ao cura párroco de Bueu, Cándido Masenlle, cando o día 1-7-1896 lle manda unha carta aos seus superiores en Santiago cunha lista dos veciños de San Martín de Bueu que ese ano (1896) non cumpliron co Precepto de comunión Pascual e como el mesmo nos di “Significándose además por sus alardes de impiedad”. Estes eran:
“- Juan Freire y su mujer Manuela Riobó
- Manuel y Francisco Rúa Pazó
- Cipriano Torre (de Noya)
- Víctor Said Armesto (originario de Pontevedra)
- Ricardo Gómez (Secretario del juzgado y originario de Pontevedra)
- Francisco Fernández Agulla (herrero)
- Manuel Pablo González (pescador)
- Abelardo Gil Marti (fomentador)”
Os citados anteriormente non foron a comulgar pero, entre os que foron el lla negou a varios  por “concubinarios públicos a José R…” . (que tamén cita cos seus nomes e apelidos na carta e que non cito pois non fixeron delo “alarde de impiedade” como diría o Sr. Cándido).

23/03/12


No Archivo Histórico Nacional, dentro da "Colección sellos en tinta" (1876)  coa sinatura: SIGIL-TINTA_PONTEVEDRA,15,N.5  correspóndese cunha carta do entón alcalde de Bueu D. Manuel González Plá xustificando os selos usados (cos barcos: bergantín e corbeta) por parte do concello que presidía.

Transcrición da carta:

"Los sellos anteriormente reproducidos son los que usaron el servivio del Ayuntamiento y Alcaldía de Bueu provincia de Pontevedra, vinieron y vienen constantemente usados desde la creación del  Municipio que data de más de corenta años. El Bergantin y Corbeta que ostentan flotantes en la mar fueron los emblemas que se creyeron simbolizaban mejor con este distrito como puerto maritimo.
Bueu Septiembre 22 de 1876
El Alcalde
Manuel Gonzalez Pla"

01/03/12


“Castigado” como coadxutor en BUEU por airear “chanchullos” do arcebispo...

Os Reis Magos do 1914 chegáronlle a D. José Gómez Martínez, cura da parroquia de San Jorge de A Coruña, en forma de “carbóns”: debería trasladarse o máis axiña posible coma coadxutor á parroquia de San Martiño de Bueu.
Este traslado non tería importancia algunha de non ser pola relevancia cultural e social deste personaxe e polos motivos do mesmo.
Imos tratar de aclarar estas e outras cuestións:
-         Por que se sinala a José Gómez Martínez como unha persoa relevante no eido social e cultural? Dicir que D. José, aparte de por ser cura, era moi coñecido coma director do periódico católico “Eco de Galicia” onde tamen asinaba artigos co pseudónimo ZENITRAM. E tal como recolle algunha prensa madrileña, como o Imparcial, “… e habíase feito estimar en todos os campos da política pola súa moita nobreza e simpatía persoales”.
-         Cal foi o motivo real do seu traslado “forzado” e “inesperado”? Tal como recoñece a prensa da época foi por culpa dun artigo aparecido no seu periódico “sobre unhas oposicións a unha praza de doutoral en Santiago, dando a entender que antes da misa do Espirito Santo, o Espírito santo fallara a favor dun parente do arcebispo de Santiago, Sr. Martín Herrera”.
-         Tivo impacto a súa marcha de A Coruña? Toda a clase política, económica, xudicial,… e moitísimas persoas non só acudiron a despedilo da Praza de María Pita senón que o acompañaron na súa viaxe ata Santiago (primeira etapa antes de chegar a Bueu). Días antes o Gobernador e o alcalde de A Coruña desprazáronse Santiago para “suplicarlle” ao cardenal que deixase sen efecto o traslado.
-         Por qué a Bueu e non a outro sitio? Por que así o poñían baixo a tutela do seu tío o abade de Bueu D. Juan Martínez Casamade para que o “atase curto” e estivera alonxado do xornal.
-         Coñecemos algo seu na súa estadía en Bueu? Referencias nun artigo de Carballeira (“Motivos: El San Martiño) e un artigo del en Faro de Vigo do 11-11-1925 (páx. 2) nas páxinas adicadas a Bueu polas súas festas patronais Pode lerse na páx. 14 de O Candil nº 3.

06/02/12

El antiguo Monasterio de Santiago de Ermelo:  estudio, documentación e índices
de  Romaní Martínez, Miguel; Otero Piñeyro Maseda, Pablo S.
Moitas son as persoas que ao longos destes anos me pregunta sobre Ermelo. Varios ata me dicían "Por que non escribes algo…" e, dende o 2005, lles respondía: "Xa está escrito e bastante ben documentado”… e lles regalaba o libro “El antiguo Monasterio de Santiago de Ermelo...” pero cando pasou da media ducia non me quedou máis remedio que darlles só a referencia do mesmo...
Agora, e para que sexan algúns máis os coñecedores do mesmo, poño a referencia no blog:  


Atrainte e pouco coñecido estudo monográfico sobre este mosteiro do noso concello. Interesante son a bibliografía utilizada e as fontes manuscritas e epigráficas que nos permiten verificar as aseveracións e hipóteses que aparecen ao longo do libro. A aproximación histórica das páx 62-68 son un resumo atractivo.
A colección Diplomática de documentos mostrados, que se atopan en diversos arquivos (páx 81-99), son fermosas mostras do legado escrito deste mosteiro.
Tamén quixera pór en valor o rigoroso das transcricións feitas. 
De todo o atropeladamente dito deducirase, con certeza,  que considero que é o mellor e máis documentado estudo sobre o mosteiro de Ermelo.
Pero se ti estás interesada/o polo tema o mellor é ler o libro de xeito amodiño pois non é precisamente unha novela...


01/02/12

O xograr Macías o Namorado era natural de Bueu (s. XIII)….

Toda a bibliografía deste xograr/trobador cítase como nado en Padrón (ata o mesmo Johán Carballeira o recolle nun artigo da revista Estampa). Pero será a partires do ano 2005 onde os investigadores Miguel Romaní e Pablo S. Otero nun pequeno, pero contundente, artigo na Revista do Museo de Pontevedra titulado : “Macías, un juglar del s. XIII: Evidencia documental”, pretenden dar a coñecer un documento en latín do ano 1261 conservado no AHNMadrid (Sección clero, carpeta 1859/6) e pertencente ao fondo monástico de San Xoán de Poio. O seu interese radica en ser o único documento coñecido en que se menciona como testemuña un Mascia iograr, o que serviría para reafirmar documentalmente a figura de Macías o Namorado. Segundo os autores, a orixe padronesa desta figura carece de toda base científica, afirmando, pola contra, que, a partir dos datos ofrecidos por este novo documento, “Mascia era natural de Bueu o de la Comarca del Morrazo” (p. 30). Así mesmo, tamén desbotan a cronoloxía proposta ata este momento para a figura de Macías o Namorado e avogan polo ano 1262 como data en que o situaría este novo documento. Por tanto, “si esto fuese así, habría que considerar que Macías o Namorado perteneció al periodo más brillante de la lírica galaico-portuguesa, en lugar de situarse, como se ha considerado hasta ahora, en el periodo de la decadencia lírica gallega” (p. 31). Complétase o traballo coa reprodución facsímile do documento, así como a súa transcrición e tradución para o galego moderno, achegando ademais unha listaxe das persoas e outra dos topónimos citados no texto, entre os que se inclúen os seguintes: Santa María de Beluso (Bueu, PO), Bueu (PO), San Salvador de Coiro (Cangas, PO), O Morrazo (PO) e Pontevedra.

Padrón ten unha estatua na súa honra e pon en valor ao poeta. O concello de Arjonilla (Jaén), lugar onde morreu asasinado polos seus amores con Elvira, celebran no mes de setembro as “Fiestas de Macías el Enamorado”
 con máis de dúas semanas de talleres e distintas actividades medievais (mercado, gastronomía, danzas, visitas teatralizadas ao castelo de Macías….).

E a Bueu non se lle pide máis que coñeza a un poeta ao que se lle atribúen 21 cantigas, reunidas no Cancionero de Baena e que, segundo a cronoloxía revisada polo profesor Romaní et alt., puido ser ata veciño do noso pobo e contemporáneo do, tamén noso, Johán de Cangas.


Cantigas En Loores De Amor de Macías, O Namorado

Con tal alto poderyo
Amor nunca fue juntado
nin con tal orgullo e brío
qual yo uy por mi pecado
contra mí, que fuy sandío
denodado en yr a ver
su grant poder
e muy alto señoryo.
Con él venía Messura,
e la noble Cortesya,
la poderosa Cordura,
la briosa loçanía;
rreglávalos Fermosura
que traya gran valor,
porque Amor
venció la mi grant locura.
El mi corazón syn seso
desque los sus ases vydo,
fallescióme e fuy preso,
e finqué muy mal ferido:
la mi vida es en pesso
sy acorro non me ven.
ora de quen
el desir ni era defeso.

23/01/12

Rúa Víctor Said Armesto

        “Sombras de infancia en señorío
         flotaban nos aires da memoria
        ata desdebuxarse, hoxe, en vergoña

        dun Víctor recuperado da historia.”

Parece ser que xa chegou o ano onde Bueu pon en valor a persoas relevantes coma Said Armesto, José Mª Estévez, Staffan Mörling, Solla, O Ferrolán,…  nomeando unha rúa co seu nome.

Mais , coma punto e seguido da entrada anterior dedicada a Said Armesto, quero reproducir a última páxina de O Candil nº 8  (ano 1996) onde Johan Carballeira  e J. Pesqueira, en El Pueblo Gallego (1929 e 1934), manifestaron os seus desexos de recoñecemento deste ilústre paisano nos seguintes termos:
“Victor Said Armesto é un home difícilmente esquecible. Xa noutra ocasión falamos do que hoxe volvemos a tratar. Que se lle dea o nome do eximio escritor a unha rúa desta vila.
Non imos aquí a discutir, nin interesa, se naceu en Bueu ou non o eminente polígrafo. Sabemos si, de certo, que viviu moito tempo neste pobo, onde case ninguén -sobranme os dedos dunha man para contalos- coñece conscientemente a valía e a obra deste malogrado literato que con Johan Viqueira, constitúe un plano no renacemento da cultura galega.
Desde onde escribo esta nota, diviso a casa onde habitou este esgrevio home, que apurou as horas na cruz do pensamento. Que viviu belamente a máis admirable das vidas; para a beleza e a verdade, dúas noivas ás cales a maioría dos mortais se prostitúen ou non entenden.
Vexo o pazo dos seus antergos e penso amargado no anónimo do seu xenio aquí. O que se di un forasteiro na súa patria... ¿Qué importa que Said Armesto escribira da arte e filosofía marabillosamente se para moitos señores que andan de gravata e presumen de “kultos” todo iso é fume de pallas ou gañas de toca-lo violín?. Así, a súa lembranza aquí é algo nebuloso e remotamente lonxano. E iso que ata agora Bueu non tivo no seu seo unha mentalidade tan recia e orixinal como a do autor de “Los Orígenes del Don Juan”...
En Pontevedra non sabemos se alguén se preocupou de que o nome de Said Armesto se mostrase á vista do pobo no corazón da cidade
(Descoñecía Carballeira que desde o ano 1923 o antigo camiño de San Roque ás Corbaceiras chámase rúa de Víctor Said Armesto). Pero aquí compre facelo para non pasar por analfabetos. Tal vez estas liñas se perdan no beocio ambiente. Pero quizais alguén comprenda todo o formidable valor daquel que coa ferramenta-pluma tanto fixo pola cultura de Galicia.”
 
 “Repetidas veces fixemos chamadas ó Concello de Bueu, pedindo para Víctor Said o romántico recordo de que unha das súas rúas levaran o seu nome. Este nome que ademais de ser un valor “per se”, sería para un Concello un canon e unha medida.”


 Comezo da Acta da Sesión  Extraordinaria do Concello de Bueu do día 21 de marzo de 1936 baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira) propónse, entre outras cuestións, a seguinte:”Que se varien os nomes de determinadas rúas e a tal efecto a de ... denominarase de Víctor Said Armesto,...”

Nota: Felicito aos representantes municipais polas propostas de nomeamento de nomes de rúas  non so por razóns intelectuais senón tamén de corazón e de xustiza.

21/01/12

Víctor Said Armesto  (Pontevedra 1871 - Madrid 1914), pasaba longas tempadas na casa que os seus avós tiñan en Bueu no pazo dos "Picos",  lugar da Graña. Súa nai era dona Amalia Armesto e Aldán, da nobre familia dos Aldao do Morrazo.
Casou con Amadora Santoro Borrajo, natural de Cuñas (Cenlle-Ourense)
Lembrar que Said Armesto foi un grande home, crítico literario, orador, recompilador das nosas tradicións musicais coma ninguén…froito desas recompilacións é esta colección de romances, balada e cancións recollidas da tradición oral editadas, en 1997, pola Fundación Barrié de la Maza no libro “Poesía popular gallega”
. 
Na páx. 217 deste libro, cítase coma recollido en Bueu (1914) da boca de Josefa Loira (Josefa Loira Juncal nada en Cela o 8-3-1844), de 70 años, labrega, o romance titulado
"CONDE NIÑO"

                               Madrugada de San Xoan        cando o día alboreaba,
                               Paseaba o Conde Niño           a las orillas del mare.
                               Mentras que o cabalo bebe       Conde Niño echa un cantare.
                              
"Bebe, caballito, bebe,            Dios te me libre de male,
                              de los peligros de mundo          y de las orillas del mare.”
                              As aves que iban voando        se paraban a escoitare.
                             -Despertádevos, infantas,        si dormides despertade,
                             que ou é a Reina do ceo           ou a sirena do mare.
                             -Non é a sirena, madre        ……………………………..
                             que lle era o Conde Niño,        que me nada por gozare.
                             -Si ese era o Conde Niño         mandarémolo matare.
                             -Si a el o manda matar            mándeme a mi degollare.
                              Un o matan, outro morre,      os dous morreron ao pare.
                              A un entérranno no coro,       a outro ao pe do altare.
                              Ela se volveu oliva                 e y-eleun verde olivare.
                             Tanto crecen un y-outro          que se foron a xuntare.
                             A Reina vai para misa             e alí préndese o sayale.
                             A Reina de envidiosa               los mandara derribare.
                             Ella echara leche clara           y él echó sangre reale.
                             Ella se volvera fonte              e y-el un freco arroyale.
                             A Reina vai para misa,           os pes lle van a mollare.
                             A Reina de envidiosa              logo os mandara cegare.
                             Ela se volveu paloma             y-el un rico gavilane.
                             Tanto van un y-o outro          que aos ceos queren chegare.
                             Voaban ala con ala                para nos ceos s’abrazare,
                             Voaban bico con bico            para nos ceos se bicare,
                             E tanto e tanto voaron         que se perderon no aire.


Nota: Para ver a revista O CANDIL coa biografía de Víctor Said Armesto pulsar no nome ou aquí

16/09/05


ESTAMPAS
O VELORIO
Luís, Manolo e Pepe “O Xouba” atópanse na praia guindando pedras ó mar na procura de facelas planear durante máis tempo ou dar saltos máis grandes fora da auga. Pouco a pouco vai minguando a intensidade das tiradas ata que o aburrimento mesturado coas ansias que da a fame asocian o soar languidecinte das campás da igrexa de San Martiño coa posibilidade de conseguir algo que levarse á boca e así adurmiña-lo rato que día a día lles rilla na barriga. O Pepe lembrouse que o defunto que anunciaban as campás era de Meiro pois pola mañá cedo cando chegaran do mar oirallo contar a un tal Xosé de Xexide ó patrón da lancha. - ¡Escoitade! dixo Pepe poñendo voz de patrón. Se queredes comer unha codia de pan podemos ir ata Meiro pois morreu un tal Núñez que é de familia de posibles e algo conseguiremos. Aínda que Meiro quedaba algo lonxe e costaneiro non foi necesario que o repetise dúas veces. Cun cruce de miradas entre Luís e Manolo falou a fame e, cun pequeno movemento da cabeza, asentiron e puxéronse en camiño pois querían estar de volta antes da noite. Comezaron a andar subindo pola Cividade cara á aldea da Cacela, polo Camiño Real. No percorrido as conversas tiñan eixo o sen fin de posibilidades do “botín” que ían conseguir: se pan, se cartos, se touciño,... E para cada un deles un destino diferente. “Se dan pan comemos unha codia e o resto para outro día; se dan touciño ou algo de porco levámolo para casa; se “unha perrachica” mercaremos na taberna de Paulino algo doce que comer,...”. De súpeto quédanse calados e apuran o paso pois na beira do camiño esta un cruceiro, o coñecido polo de Cobertoreiro; chamado así, porque onde hoxe está asentado apareceu morto un barateiro que andaba vendendo mantas e os veciños, promovidos pola Confraría das Ánimas, ergueron esa cruz. Entre un e outro pensamento e coa presa no corpo achéganse á aldea de Meiro pola que dan unhas voltas ata que oen berros de lamento que sae dunha fiestra. Métense no chouso da casa onde, así o indicaban tódolos indicios, estaba o defunto que propiciaría a “enchente”. Mesturados entre os veciños que con caras serias falaban das horas da rega, das viñas, do millo e do tempo, etc. e nunca do morto, coa excepción dalgunha exclamación ou xemido das mulleres ó entrar ou saír cara o velorio.
Continuará...
ESTAMPAS
NOS TEMPOS DA FAME: O VELORIO
Luís e Manolo, máis tímidos e metidos no seu papel de “honra-la memoria do defunto” íanse achegando con cara formal, como a ocasión o requiría, ata a alcoba onde estaba o cadáver. Nisto Pepe “Xouba”, can vello nestas lides, dicíalles - ¡Á cociña! ¡Á cociña!. Facendo caso do “patrón” torceron o seu rumbo achegándose ata a cociña onde sentados á mesa había dous homes tomando un grolo de viño e falando das súas cousas, mentres unha muller, con moitos anos escritos na pouca pel da cara que o pano da cabeza lle permitía ensinar, andaba dun lado para outro da cociña traballando en algo que eles non chegaron a saber. Manolo e Luís puxéronse preto de Pepe que con lentos, pero precisos movementos estaba nunha situación estratéxica, xusto fronte a pota do cocido, na mesma lareira. Pasados uns minutos, Luís xa cansado de mira-los dedos dos pés ou as negras nubes debuxadas polo fume no teito da cociña, oíu unha badalada de arrebato, a penas perceptible polos restantes mortais, que acaparou toda a súa atención. Era o Pepe que coas mans por detrás do corpo, e como se fora un prestidixitador en plena actuación, tiña levantado cunha man a tapa da ola e a outra mergullada na busca dalgún anaco de carne, touciño, chouriza, pataca ou calquera outra cousa sólida susceptible de mata-la fame. Os seus compañeiros están seguros (el negouno sempre) de que algo debeu atopar pois con grande disimulo consigue chegar coa man á boca sen ser visto por ninguén dos maiores alí presentes. Intentando repeti-la acción foi delatado polo ruído causado por unha cadea que pendía da lareira que estaba nunha situación non prevista polo rapaz. Un dos homes que se atopaba na estancia levantouse e, de xeito pouco amigable, expulsou ós tres, non só da cociña senón da mesma casa. No traxecto da cociña ata a porta da casa que sae ó chouso o Pepe, que era rapaz máis grande e curtido, tramou a súa vinganza, pois logo de tan longa viaxe non se contentaba con ir de balde e con berradura incluída. Cando estaban os tres saíndo do chouso o Pepe Xouba dixo –¡Isto non pode quedar así! ¡Aínda lles queda a adega!. Os outros dous resistíanse pero el impuxo a súa vontade e os tres alá se meteron na adega que estaba descoidada pola desgracia que na casa ocorrera.
Continuará...

ESTAMPAS


NOS TEMPOS DA FAME: O VELORIO
Pepe sacou unha e outra cunca de viño que bebía dun só trago. Manolo e Luís non quixeron participar do “festín de vinganza” e só miraban os compasados movementos do Pepe, que fora de se parecía querer beber todo o barril. O Pepe cando non puido beber máis saíu da bodega e, metendo os dedos na boca, vomitou durante un anaco e limpándose as babas coa manga da camisa dixo -¡Que se fodan! e volveu á adega a seguir bebendo.
Minutos despois de iniciado a segunda viaxe á adega, Luís e Manolo conseguiron convencer ó Pepe para marchar cara a Bueu pois xa se facía de noite. Saíron con moito sixilo polo camiño que baixa polos muíños do Canudo onde o Pepe baixou moitos metros a tombos pois a “tranca” era grande e as pernas non respondían.
Manolo e Luís, así llo lembraba o seu estómago, só pensaban no que puido ser e non foi, mirábanse derrotados pola mala sorte. Cando a fame lles roía un pouco máis forte que o seu abatemento imaxinábanse ós que estaban no velorio recibindo, como era costume ás 12 da noite, unha codia de pan, un pouco de caldo e, de seguro, unha copa de caña para os homes. ¡O que darían eles por estar a véla-lo defunto toda a noite! Pois non se esquecían de que ás seis da mañá daban outra rolda...
Chegados ó cruce do Outeiro, Pepe, que a penas se tiña, subía encurvado e tordeando; Manolo tomou cara a súa casa pensando nos traballos que aínda lle quedaba por facer; e Luís baixou ata a praia para ver se o barco estaba ben amarrado e limpo, que non faltaba ningún tolete, estrobo ou calquera outro equipamento necesario. Xa cansado botouse a durmir na “tilla” (baixo a cuberta) pois ás tres da mañá chegarían os homes para saír ó mar...