No
semanario “La Tierra Gallega”[1]
editado na Habana o 17 de maio de 1896 aparece publicitado o café e fonda “La
villa de Bueu”. Estaba ubicado na marxe esquerda na entrada da bocana do porto da Habana,
preto do castelo de San Carlos. Os seus propietarios eran os señores Mañá e
Barreiro, ámbolos dous emigrados a illa de Cuba dende a nosa vila.
Á
vez que se embarcaron no mundo dos negocios cun “Café e fonda” tamén o fixeron
coa importación dos viños da súa terra. Como di a publicidade este viño do
Morrazo é a primeira vez que se presenta na Habana. De “tan exquisito producto”
son os únicos representantes e importadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario