No domingo 8 de setembro de 19129 na
edición da mañá do xornal madrileño ABC, páxina 42, aparece unha pequena
noticia da que sacando o anecdótico e o “xocoso” atopámonos coa dura realidade
do illamento de moitas das persoas que vivían en Ons. A transcrición literal é:OS VOOS DAS AVES ANELADAS
Vigo 7, 10 mañá. Francisca Patiño Pérez, de
sesenta anos de idade, recolleu na illa de Ons unha pomba mensaxeira, a cal,
nos seus aneis, ostentaba as seguintes inscricións: “Wahter. N. N. 4. 3. 872.
U. S. A”
Alguén fíxolle crer que o
achado valdriale moito diñeiro, e a boa muller presentouse no pobo de Bueu,
pedindo unha crecida cantidade pola pomba e negándose a entregala ás
autoridades. Dáse o caso curioso de que
Francisca, que non saíra da illa desde hai vinte e cinco anos, realizou agora a
viaxe convencida de que posuía un tesouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario