Jenaro
Pérez Villaamil (1807-1854), o grande paisaxísta romántico e debuxante, nunha
viaxe en barco pola banda sur da ría de Pontevedra no setembro do ano 1849 na
compaña dun grupo de amig@s plasmou nun
debuxo a lápiz titulado “Playa de Bueu”, hoxe
no Museo de Pontevedra, unha escena que o mesmo autor da obra describe nunhas
inscricións autógrafas no ángulo inferior, central e dereito do debuxo:
“Bueu. Ría de Pontevedra
cerca de Marín”
“Playa de Bueu: en el acto de recoger el pescado
Salida del bote cargado
colocar y recoger el aparejo y aparejo a tierra.
Ría de Pontevedra
18 Sbre. 49”
A
continuación realiza unha serie de acotacións toponímicas, paisaxísticas,
ambientais,…dende o monte Sobareiro (Loira) ata Cela:
“da Cova – Luz – Moza – bosque -10 – tono
azulado – árboles bosque – Cela – blanca curva norte”
O
salientábel deste debuxo é que reflicte unha escena de pesca na que poden
observarse a uns dezaoito mariñeiros tocados coa “barretina” típica do traxe
catalán de mariñeiros e campesiños.
Pero
o que moitos descoñecen ou lembran é que no reverso hai unhas incrición dos
seus acompañantes e amigos, feitas ao pouco de debuxalo:…
“En Bueu 18 de Septiembre
1849
Recuerdo amistoso al Pintor de S.M. Dn. Genaro Perez de
Villamil.
“Recuerdo al Sr Villaamil la satisfación de tenerlo en la
casa en Bueu su affmº. Juan Fontenla”
“Luís Patiño Buceta
ruega al Sr. Villamil recuerde la chillona gabiota que tumbó el arcabucero
ruega al Sr. Villamil recuerde la chillona gabiota que tumbó el arcabucero
dn. Luís Patiño, su apasionado”
“Al recuerdo del animado cuadro que hoy ofrece Bueu hirá
siempre unida pª. mi la grata memoria del Sr, Villamil, del artista eminente.
Antº Valcárcel”
Antº Valcárcel”
“Recuerda al ayudante, tu amigo
Perfecto Valdés Argüelles”
Perfecto Valdés Argüelles”
“Enrique A. Braña”
“Francisco Sancho Gutiérrez”
“Jacinto Pazo (?)”
A
man do artista tamén plasmou a Bueu noutro debuxo tal como nos lembra o
profesor Filgueira Valverde: “Pérez
Villamil tamén fixo un debuxo da “Fábrica de Salazón en Bueu” cun alprende e
traballadores” que está nunha colección particular.
[1] Amalia Fontenla Plá
(+15-5-1896), filla de Teresa Plá Avalle e José Manuel Fontenla Sotelo. Neta
dos salgadeiros da praia de Beluso, Pedro Plá Refulls e Mª Rosa Avalle Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario