En San Martiño de Bueu a catorce días
do mes de outubro de 1845 celebrouse un acto ante o alcalde D. Manuel
Guimeráns, por unha parte, o demandante, Joaquín Suarez, cura párroco de Ermelo
e, como demandado, o seu fregués José Martínez. Os motivos da demanda: Non completar
os funerais prescritos, “segundo a súa
clase”, así como que tamén lle faltaban por aplicarlle as misas afeitas “polo ben da” alma da súa sogra que
vivira na súa casa e había falecido facía seis meses. José Martínez negábase a
pagar o importe de tales actos.
O cura lle pedía ao alcalde que lle impuxese
pagar a contía de cincocentos cincuenta reais, importe das misas e
dereitos, xa que estaba “obrigado en conciencia”.
O José Martínez deféndese dicindo de
xa que a súa sogra morreu sen “disposición
algunha testamentaria” só obrígase a pagar 120 rs que se
corresponderían co importe de sesenta misas.
Como resolución do Alcalde, e tras o
ditame dos “homes bos” de ambas partes en litixio, “providénciase” que o
demandado pague antes de seis días o “total
do importe dos dereitos funerarios, segundo estea en costume na súa parroquia,
e das misas que deben aplicarse polo ben da alma da súa defunta sogra igual en
esta á que se executara coa do marido da mesma...”.
Parece ser que o demandado seguiu nas
súas...
Descoñecemos se ao final a
sogra, o cura e o fregués díscolo descansaron “en paz”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario