Moita xente de
Bueu sabe da afección e bo facer no campo da fotografía do conserveiro Attilio
Gaggero. O que case todos descoñecíamos era que esta “paixón“ tamén a compartía
o seu amigo Salvador Lago. E non o
debía facer nada mal pois Salvador Lago
Carballal, de 23 anos, fillo dos salgadeiros da praia de Beluso, Clemente
Lago e Eduarda Carballal, aparece na páxina 22 do xornal ABC do 7 de novembro
de 1921 como gañador do 2º premio nacional de fotografía convocado pola empresa
estadounidense KODAK baixo o lema “Escenas del veraneo”.
A parte do
premio, en efectivo de 500 pesetas (Unha cantidade moi importante neses anos e
para que teñamos referencia comparativa dicir que supón o soldo de dous meses
dun catedrático de universidade ou o soldo de máis de seis meses dun obreiro) a
súa fotografía gañadora estivo exposta nunha galería, na Avda. do Conde de
Peñalver en Madrid.
Da bágoa pensar
que puidera perderse toda a súa obra fotográfica... Esperamos que no fora así e
que algún día a poidamos ver...
Ningún comentario:
Publicar un comentario