O 22 de xaneiro de 1838 un monxe exclaustrado da Orde de San Bieito chamado
Frei Manuel Mos lle pide ao Sr. Gobernador Eclesiástico do Arcebispado de
Santiago lle permita “hacer y bendecir una capilla en la Isla
de Ons para decir el sacrificio de la misa”. Nestas datas Ons
pertencía (1837-1844) ao concello de Sanxenxo e "non tiña igrexa e
santuario"
Joaquina Montenegro Ponte e Oca, dona da illa de Ons, casou con Javier
Martínez de Arce y Enríquez (1808-1887), VII marqués de Valladares e
VI vizconde de Meira.
Ao longo da costeira da sardiña o número de veciños de Ons aumentaba de
forma significativa. Polo que no 1845 o Sr. marqués fai a reflexión de que os
que quedan no inverno ”están en el mayor
abandono, sin Pastor ni Iglesia y sin oratorios y capilla”.
O día 2 de outubro de 1847 o marqués de Valladares comprometeuse a edificar
a capela ante o Arcebispo de Santiago. Na mesma misiva do compromiso lle di que
cando estea edificada se “digne autorizar su bendición , y darle
título y advocación, que celebraré, y rogaré entonces a V. E. sea el de San
Joaquin por ser el nombre de mi esposa a cuyo patrimonio pertenece la Isla”.
Mentres non se construía a capela o marqués pon barco en Ons todos os
domingos e festivos para que os veciños poidan acudir á misa en Beluso.
No 1848 bendícese a igrexa baixo a advocación de SAN JOAQUÍN… e no agosto
de 1849 o mesmo marqués nomea Presbítero de Ons a José Ramón Correa, pero a
este non lle sentou ben a vida na illa e tivo que substituílo outro, D. José
Moravia natural de Bouzas.
Ons nunca foi parroquia independente a pesar de que no ano 1887 o Sr.
Fragoso, Arcipreste de Morrazo, enviou o bispo un escrito solicitándollo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario